Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1996, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Sur), pola que se anuncia o concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración do material que se indica (C.P. 7//1996).

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Sur), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: subministración do seguinte material:

Lote 1: autoclave.

Lote 2: electrocardiógrafo 3 canles.

Lote 3:

Esfingomanómetro aneroide.

Esfingomanómetro de mercurio portátil.

Esfingomanómetro de mercurio de parade.

Oscilómetros.

Fonendoscopios adultos tipo Littmann.

Fonendoscopio pediátrico tipo Littmann.

Lámpada frontal O.R.L.

Lote 4:

Otoscopio de parade tipo Heine.

Otoscopio -oftalmoscopio de parade tipo Heine.

Otoscopio portátil.

Otoscopio-oftalmoscopio portátil.

Lote 5: báscula adultos con tallímetro.

Lote 6: arquivador historias clínicas, 4 caixóns.

2. Orzamento: 7.121.000 ptas. (IVE incluído).

3. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso entregaranse nos 15 días naturais contados desde a data de adxudicación do contrato.

4. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas.

5. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

9. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

10. Recollida de documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México, 26-1ª planta Vigo, teléfono: 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

11. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presenter en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26 - 4ª, 36204 - Vigo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

12. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada polo mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26 - 6ª planta de Vigo, as 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

13. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto nove do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente público serán par conta dos adxudicatarios do contrato.

Vigo, 12 de agosto de 1996.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo