Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de espacións naturais do expediente sancionador C-172/1995 (E.N.-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións de ditos expedientes, por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esa resolución será firme a tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de apremio.

O rescate do decomisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse previo pago da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 30 de xullo de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-172/1995.

Denunciado: Juan José Pérez Alfonso.

Último domicilio coñecido: Avda. Galicia, 67-13-2º F. Vigo

Feito denunciado: instalar unha rede circular empregando como reclamo dous exemplares de xílgaros silvestres, e ocultándose a continuación nunha casa en construcción.

Precepto infrinxido: artigo 33 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: 33 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 75.000 ptas.