Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 04 de setembro de 1996 Páx. 8.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/75-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: r/ Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., CC.TT. interiores do polígono industrial..

Situación: Cambre.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, entre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 550 m de lonxitude, con orixe na liña Lubre-Armuño Expte. 26.604, a través de tramo subterráneo a C.T. estación ITV de Espirito Santo e final a través doutro tramo subterráneo a C.T. número 5 do polígono industrial de Cambre. Os tramos subterráneos están baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al con orixe na anterior, de 3983 m de lonxitude discorrendo polos viais do polígono industrial de Cambre e alimentando os CC.TT. a 20/0,380-0,220 kV, números 4, 5, 6 e 8 de 1.000 kVA, os números 1 e 7 de 630 kVA e o número 3 con dúas máquinas de 630 kVA. Os CC.TT. irán equipados de celas de protección de liñas e cela de protección do transformador. Centro de reflexión equipado con dúas celas de liña motorizadas. Cambre.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6320