Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 04 de setembro de 1996 Páx. 8.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/30-1).

Vistos o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Zaramacedo.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio formigón e con conductor LA-56, de 10 m de lonxitude, con orixe na liña Santiago II-Lavacolla (expediente número 51022) e final no C.T. que se vai instalar Zaramacedo. Centro de transformación aéreo, sobre apoio formigón, de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios e conductor R.Z. de 630 m de lonxitude, en seccións de 95 y 50 mm. Concello de Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 8 de xullo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6263