Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 04 de setembro de 1996 Páx. 8.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/101-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Enderezo social: Mancebo, 6, 1500 Pontedeume.

Denominación: L.M.T. e C.T. Muíños.

Situación: Irixoa.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 904 m de lonxitude, en LA-56, que parte da L.M.T. Ambroa-Caselas e final no C.T. a proxectar de Muíños, de 160 kVA a 15.000±2,5-5-7,5%/398-230 voltios. Concello de Irixoa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de xullo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9606186