Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 04 de setembro de 1996 Páx. 8.181

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (328/1996-05).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, baixo o número 328/1996, por instancia do Banco de Bilbao Vizcaya S.A., representado polo procurador García-Piccoli Atanes, contra Antonio Corral García, con domicilio en casa, s/n, do lugar de Rebordaos-Son de abaixo, Santiago de Compostela, acordou a celebración de poxa pública na sala de audiencia deste xulgado, anunciándoa con vinte días de antelacióm, do ben que logo se dirá, coas seguintes condicións:

1. Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día 3 de outubro de 1996, ás dez horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de vintedous millóns cento trece mil pesetas (22.113.000 ptas.), fixado para tal efecto na escritura de préstamo.

2. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 28 de outubro de 1996, ás dez horas, na sala de audiencia deste xulgado, para a que servirá de tipo o 75% da primeira.

3. Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 22 de novembro de 1996, ás dez horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

4. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

5. Para tomaren parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores, agás o acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta can

tidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584/18/0328/96, presentando o resgardo de ingreso.

6. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, e entenderase que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

7. Poderán facerse ofertas en prego pechado e o remate poderá verificarse en calidade de cederllo a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.

8. No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración para a mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

9. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor ofertante, que se reservarán en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

10. De o pedi-lo acredor ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prazos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate outros ofertantes e sempre pola orde destas.

11. A publicación do presente edicto sérvelles como notificación do sinalamento do lugar, día e hora ós debedores.

Bens obxecto de poxa

Casa sen número no lugar de Rebordaos-Son de abaixo, concello de Santiago de Compostela, composta de planta baixa e planta alta, que ocupa un soar de 113 metros cadrados e 5 decímetros cadrados, séndolle anexo o resto do terreo non ocupado pola edificación. Casa e terreo unido forman un só predio que linda: norte, Antonio Botana Míguez, parcela que formou parte da de Margarita García Rodríguez e resto do predio matriz; leste: José Otero González e Margarita García Rodríguez; sur, Carmen Liste Corral; e oeste, camiño construído por concentración parcelaria e con resto de predio matriz.

Inscrición: inscrita no tomo 1047, libro 89, folio 175, predio número 7895, inscrición 3ª, Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, estando inscrita a referida hipoteca no tomo 1047, libro 89, folio 175, inscrición 4ª.

Dado en Santiago de Compostela o cinco de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

96-6189