Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial do proxecto de saneamento dos barrios da Falcoa, Centieira, Porto Loureiro e diversos camiños na parroquia de Castrelos.

O Pleno do Concello, en sesión do día 26 de outubro de 1995, acordou o seguinte:

Aprobar inicialmente o proxecto de saneamento dos barrios de Falcoa, Centieira, Porto Loureiro e diversos camiños da parroquia de Castrelos, PIC, 92, PIC-1892/2C, redactado por Agustín Riobó Quintas, cun orzamento total de 138.630.500 ptas., das que 1.966.500 ptas. van destiñadas a expropiación, e, así mesmo, a aproba-lo parcelario e a relación de bens e dereitos afectados que figuran nel.

Tamén acordou declara-la expropiación forzosa cos efectos de declaración de utilidade pública e necesidade de concretar ocupación de 1.035 m e unha ocupación temporal de 1.380 m.

Por último, sométese o expediente a información pública polo prazo de quince días hábiles, con inserción de anuncios no DOG, BOP, prensa e taboleiro da Casa do Concello, así como con notificacións individuais ós propietarios afectados.

O expediente atópase na Oficina Municipal de Información, para exame e alegacións.

Vigo, 7 de agosto de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde