Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/46-2-4307 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturainas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reelectrificación de Xesto.

Situación: Castro de Rei.

Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 621 metros, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Tres centros de transformación de 100 kVA 20.000/380-220 V ±5%. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50, cunha lonxitude de 2.640 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Xesto, Casas do Monte, parroquia de Outeiro, concello de Castro de Rei.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 17 de xullo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

96-6128