Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da intalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/28-2-4497 A.T.).

Visto o expediente para aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. en edificio José Losada Fraga-Praza Mercado 15-16.

Situación: Rábade.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable UNE DHV 15/25 kV. de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 420 metros. Centro de transformación de 1x400 kVA. 20.000±2,5%±5%./398-230 V, para subministración eléctrica ó edificio de José Losada Fraga, en Praza Mercado, 15-16-Rábade.

Orzamento: 10.044.255 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo,15 de xullo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6123