Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.
Denominación: reelectrificación de Arante.
Situación: Ribadeo.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 1.095 m, sobre postes de formigón ou torres metálicas. Tres centros de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, cada un, sobre apoios metálicos, en Barral, Ceide e Fondo de Vila. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50, cunha lonxitude de 2.950 m sobre apoios de formigón ou grampados
sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Arante, concello de Ribadeo.
Orzamento: 23.762.954 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 5 de xullo de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
6047