Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/20-2-4491 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000, Lugo.

Denominación: reelectrificación de Vilargondurfe.

Situación: A Pontenova.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 1.314 m, sobre postes de formigón ou torres metálicas. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre poste metálico. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-50, cunha lonxitude de 650 m, para mellora do servicio eléctrico en Vilargondurfe, no concello da Pontenova.

Orzamento: 8.923.423 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 5 de xullo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6039