Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 30 de agosto de 1996 Páx. 8.116

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de agosto de 1996 pola que se aproba o plan de protección civil ante emerxencias por incendios forestais.

O Real decreto 407/1992, do 24 de abril, polo que se aproba a norma básica de protección civil, establece que os plans especiais de protección civil entre os que se inclúen os incendios forestais, deben elaboralos e aprobalos as comunidades autónomas no seu ámbito territorial de aplicación.

O Decreto 261/1994, do 29 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica dos centros directivos dependentes da presidencia da Xunta de Galicia (DOG do 7 de agosto de 1994), no artigo 9, punto 2.1º.C) e 2.1º.C), indica que a Secretaría

Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente terá como funcións a elaboración, coordinación e, se é o caso, a dirección dos plans territoriais e especiais que se indican na norma básica de protección civil, sendo un deles o plan de protección civil ante emerxencias por incendios forestais.

Pola Resolución do 11 de outubro de 1994, da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, publícase o plan territorial de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia (Platerga), despois da súa aprobación polo Consello da Xunta de Galicia en reunión celebrada o 14 de xullo de 1994, e homologado pola Comisión Nacional de Protección Civil na súa reunión do 30 de setembro de 1994.

A Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente da Xunta de Galicia, órgano competente en materia de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia en coordinación coa Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, e coa colaboración de tódolos servicios intervenientes no plan doutras administracións, elaborou o plan de protección civil ante emerxencias por incendios forestais.

Conforme se establece no artigo 2, apartado c) do Decreto 208/1993, o plan especial da Comunidade Autónoma de Galicia de protección civil ante emerxencias por incencios forestais, foi informado favorablemente na Comisión Galega de Protección Civil na súa reunión do 23 de xullo de 1996.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único.-Apróbase o plan especial da Comunidade Autónoma de Galicia de protección civil ante emerxencias por incendios forestais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente para realizar tódalas actuacións e dicta-las disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Segunda.-O plan de protección civil ante emerxencias por incendios forestais entrará en vigor trala súa homologación pola Comisión Nacional de Protección Civil, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, de protección civil.

Santiago de Compostela, sete de agosto de mil novecentos noventa e seis.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

96-6258