Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 28 de agosto de 1996 Páx. 8.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1996 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso polo procedemento aberto dun contrato de consultoría e asistencia, consistente na realización dun estudio que analice as oportunidades de promoción de industrias electrónicas en Galicia.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 9/1996.

Obxecto do contrato: elaboración dun estudio que analice as oportunidades de promoción de industrias electrónicas en Galicia.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 20-xuño-1996.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: oito millóns de pesetas (8.000.000 de pesetas).

Adxudicación:

Data: 31-xullo-1996.

Contratista: Sociedad para la Innovación y Promoción de Nuevas Tecnologías, S.A. (Socintec).

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: sete millóns novecentas cincuenta mil pesetas (7.950.000 pesetas).

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 1996.

P.D. (O. 13-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio