Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 28 de agosto de 1996 Páx. 8.046

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Labauto Ibérica, S.A. de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo provincial da empresa Labauto Ibérica, S.A. (código nº 3200502) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polos membros do comité de empresa, en reunión celebrada o 31 de maio de 1996, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do mesmo no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Medicación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 24 de xuño de 1996.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo 1996

Título I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Partes contratantes.

O presente convenio colectivo foi negociado pola empresa Labauto Ibérica, S.A. e as representacións sindicais de Comisións Obreiras (CC.OO.) e Converxencia Intersindical Galega (CIG) e subscrito polos membros do comité pertencentes ás representacións sindicais de Comisións Obreiras e Converxencia Intersindical Galega e polos delegados sindicais de ámbalas centrais da factoría de San Cibrao das Viñas (Ourense), co ámbito territorial e persoal que máis abaixo se indica.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, o ámbito territorial do convenio é o da empresa Labauto Ibérica, S.A., establecida no polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta á totalidade do persoal pertencente ó cadro da empresa, coas excepcións que a norma vixente prevé.

Con respecto ó persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación o presente convenio colectivo nas mesmas condicións que se establecen no parágrafo anterior, excepto naqueles aspectos del que colisionen coa temporalidade dos ditos contratos ou con acordos anteriores específicos.

Artigo 4º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, sen prexuízo do cal as condicións económicas se aplicarán a partir do día 1 de xaneiro de 1996.

Terá unha vixencia dun ano, expirando o 31 de decembro de 1996.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

Este convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano, de non mediar denuncia expresa por escrito dunha parte ante a outra, con tres meses de antelación ó seu vencemento.

O convenio colectivo permanecerá igual en todo o seu contido social e económico ata que se asine outro que o substitúa.

Artigo 6º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles, ata onde alcancen, cos aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro, sempre

que en cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Así mesmo, ós traballadores que con anterioridade á sinatura deste convenio teñan recoñecidas condicións económicas de mellor dereito, estas seranlles mantidas.

Artigo 7º.-Comisión paritaria do convenio.

En cumprimento do disposto no Artigo 85.2 e) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, a partir da entrada en vigor deste convenio, crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convido, integrada por tres representantes titulares e dous suplentes designados pola empresa, e tres vocais titulares e dous suplentes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa; todos eles integrantes das respectivas comisións negociadoras deste convenio.

As reunións desta comisión terán lugar sempre que asista o 50% máis un, polo menos, dos membros que a compoñen e, para reunirse, será suficiente que unha das partes o solicite. Entre esta solicitude e a reunión mediará un prazo de 48 horas, como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que sexan aprobados por maioría dentro das dúas partes; as discrepancias serán reflectidas en acta.

No caso de non haber acordo, farase que reflicta as diferencias. En ámbolos casos o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento a dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección resolverá o que considere procedente e no prazo de oito días notificarállelo a aqueles, por se deciden acudir coa súa reclamación ante a xurisdicción competente.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

Título II

Persoal

Artigo 8º.-Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro do persoal ó seu servicio, ordenado polo seu número e facendo consta-los seguintes datos: nome e número do traballador, categoría laboral e a súa antigüidade nela, profesión ou oficio e servicio en que traballa.

Unha copia deste rexistro seralle entregada ó comité de empresa xunto cun anexo no que figurará un resumo do número de compoñentes de cada categoría.

Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores o 1 de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Respecto ás bases de cotización a Seguridade Social, observarase o disposto na normativa legal vixente.

Artigo 9º.-Persoal de novo ingreso (período de proba).

-Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, debendo quedar no seu poder unha copia del.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Administrativos: 1 mes.

-Subalternos: 1 mes.

-Aprendices e profesionais de oficio: 1 mes.

-Peóns, cableadores e especialistas: 2 semanas.

Artigo 10º.-Categorías.

O persoal de Labauto lbérica, S.A. estará encadrado nas categorías profesionais que determina a normativa vixente de aplicación e de conformidade coas definicións que figuran nos seus anexos. A parte das diferentes categorías existentes na actualidade na empresa, esta poderá crear outras categorías non incluídas na normativa vixente, e que supoñan unha adaptación ás características propias da empresa, e co informe previo dos representantes dos traballadores que subscriben este convenio.

Artigo 11º.-Postos especiais do persoal horario.

Aínda dentro dunha determinada categoría existen postos de traballo de diferente valor que son retribuídos de maneira distinta, mediante a prima de cualificación de posto. Nos casos especiais en que aínda non é tecnicamente posible a medición do traballo e a aplicación dun incentivo directo, cunha prima de cualificación de posto, como son os regradores especialistas e os xefes de equipo especialistas, a empresa manterá as primas fixas de cualificación de posto actualmente establecidas, e que de acordo coas posibilidades dos servicios técnicos, irán sendo substituídas polos sistemas de incentivos.

En calquera caso e para un mesmo posto e un mesmo rendemento, a retribución que no seu día resulte destes incentivos non deberá ser inferior á que globalmente se veña percibindo coas primas fixas de cualificación de posto.

Artigo 12º.-Xefes de equipo especialistas.

Dentro dos postos especiais citados no artigo anterior, defínese este como o do traballador que, coa categoría de especialista, asume o control do traballo dun grupo de especialistas, cableadores ou peóns, baixo as ordes dun superior xerárquico, debendo estar en condicións de efectuar traballos manuais por suplencia do persoal ó seu cargo, o cando as circunstancias o requiran.

Neste caso, cando un traballador desempeña tales funcións durante un período dun ano consecutivo ou durante tres alternos, se logo cesa na súa función,

manteráselle, con carácter de mínima a prima de cualificación establecida para o dito posto, ata que polo seu ascenso a superior categoría quede superada.

Artigo 13º.-Ascensos.

Observarase o disposto na normativa vixente, coas seguintes puntualizacións:

A) Promoción automática á categoría superior.

Para as categorías que se indican a continuación os traballadores ascenderán automaticamente cando leven nelas os seguintes períodos de tempo:

-Auxiliar de organización a técnico de organización de 2ª: 1 ano.

-Calcador ou auxiliar delineante a delineante de 2ª: 1 ano.

-Auxiliar administrativo a oficial 2ª administrativo: 1 ano.

-Auxiliar laboratorio a analista de 2ª: 1 ano.

B) Existindo vacantes por baixas de persoal:

A empresa convocará concursos que permitan clasifica-lo persoal para cubrir por ascenso as vacantes producidas por baixas de persoal.

Para cada concurso existirá un progama e un baremo de puntuación confeccionado pola empresa, baixo o cal poderán prepararse os traballadores, ben asistindo ós cursos da empresa, se os houber, ben por preparación libre, e as distintas probas profesionais, teóricas e prácticas, serán feitas públicas cunha antelación mínima de 30 días a cada concurso.

Poderán presentarse ós concursos para cubrir prazas nos grupos obreiro, administrativo e técnico, nas súas diversas categorías, os traballadores que teñan unha antigüidade mínima de doce meses na categoría inferior correspondente ós postos a cubrir, dentro do subgrupo profesional respectivo.

No momento de realizar un concurso-oposición, constituirase unha xunta cualificadora como máis adiante se especifica.

C) Existindo vacantes por aumento do cadro de persoal.

As vacantes que se produzan por este motivo, cubriranse, nun 50% por concurso-oposición, e nun 50% por libre designación da empresa.

Non quedan consideradas dentro destas últimas as vacantes que a empresa deba cubrir por propia designación como consecuencia de que ningún candidato fose declarado apto.

O concurso-oposición rexerase polo punto B do presente artigo, sendo, no caso que nos ocupa, concurso libre e tendo preferencia para cubri-las ditas vacantes os da categoría inmediata inferior, coas puntualizacións que máis adiante se fan referentes á xunta cualificadora.

D) Exceptúanse do réxime de ascensos especificados nos apartados B e C, na súa totalidade, os ascensos a xefes de 1ª e 2ª administrativos e de

organización e, en xeral, os ascensos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas e os postos de confianza da empresa, así como o ascenso de peóns e cableadores a especialistas.

As probas dos concursos-oposición consistirán nun exame das aptitudes profesionais, exclusivamente.

Existirá unha comisión cualificadora destes exames, composta por tres titulares e dous suplentes representantes da empresa e tres titulares e dous suplentes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa.

En caso de igual puntuación daráselle prioridade á maior antigüidade do traballador na súa categoría.

No prazo máximo de 15 días publicarase o resultado do exame.

Ós declarados aptos recoñeceráselle-la nova categoría para tódolos efectos o día 1 do mes seguinte ó da súa publicación.

Artigo 14º.-Traslados.

A) Traslados interiores.

A empresa poderá efectua-los traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de traballo, se ben procurará, dentro do posible, atende-las peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitadas polo persoal do cadro.

Os traballadores peóns, cableadores e especialistas que ocupen postos de traballo tóxicos serán trasladados, a petición propia, a outros postos que non presenten estas características e substituídos por persoal de novo ingreso, sempre que se produza contratación exterior e leven máis de tres anos nun dos ditos postos.

Título III

Réxime de traballo

Artigo 15º.-Xornada laboral e vacacións.

Establécese que a xornada será a mesma en horas efectivas de traballo en cómputo anual para todo o persoal.

O número de horas efectivas de traballo en cómputo anual será de mil setecentas sesenta horas, non entrando no cálculo deste cómputo de horas ningún tipo de descanso (incluso os retribuídos).

Para efectos de xornada máxima legal semanal, realizarase o cálculo correspondente tomando en consideración o cómputo anual, non excedendo en ningún caso de 40 horas semanais.

Ámbolos contratantes acordan que a xornada pactada, o calendario laboral e os horarios vixentes son aplicación do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Cando o persoal a quendas traballe unha xornada durante a cal no lle corresponda traballar á quenda normal, nos servicios e talleres destes últimos estableceranse, a criterio dos correspondentes responsables, reténs de asistencia segundo as necesidades que aqueles aprecien.

Ós afectados por estes reténs compensaránselle-las horas traballadas coas do día da semana que elixan, de acordo coas necesidades do servicio.

O período de vacacións será de 30 días (trinta) naturais.

Artigo 16º.-Licencias.

Todo o persoal fixo pertencente ó cadro de persoal da empresa terá dereito a desfrutar tres xornadas anuais de permiso non retribuído, solicitándoo con cinco días de antelación, sen necesidade de xustificación posterior. O persoal con contrato eventual desfrutará de forma proporcional á duración do seu contrato, un día por cada catro meses.

O traballador, avisando previamente e xustificándoo, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, polo tempo e os motivos que máis abaixo se indican.

A remuneración á que aquí se fai referencia consistirá en salario convenio e antigüidade, adicionándose para o persoal horario a prima de producción correspondente ós días ou horas de licencia coincidentes con xornadas laborables.

Matrimonio: 15 días naturais.

Nacemento fillo: 3 días laborables que se poderán desfrutar dentro dos quince días seguintes ó parto. En caso de necesidade de desprazamento, serán 4 días.

Falecemento:

De pais, titores, fillos ou cónxuxe do traballador: 5 días naturais.

De avós, netos e irmáns do traballador: 3 días naturais.

De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais.

De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 2 días naturais.

Se existe necesidade de desprazamento nestes tres últimos casos, corresponderá un día natural máis.

De tíos consanguíneos: 1 día natural.

Enfermidade grave:

De pais, titores, fillos e cónxuxe do traballador: ata 3 días naturais (valorando circunstancias de cada caso). En caso de necesidade de desprazamento corresponderá un día máis.

De avós, netos e irmáns do traballador: 2 días naturais.

De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 2 días naturais.

Se existe necesidade de desprazamento nestes tres últimos casos, corresponderán dous días naturais máis.

Matrimonio: de pais, fillos, irmáns e netos: 1 día natural.

Traslado de domicilio habitual: 1 día laborable.

Cumprimento de deber público: polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

Artigo 17º.-Excedencias.

As excedencias concederanse de acordo co establecido na normative vixente de aplicación.

A empresa admitirá o excedente nun prazo máximo de 15 días a partir da data en que expire a excedencia, sempre que solicitase dentro do prazo regulamentario e que se encontre en condicións de aptitude para o seu traballo habitual.

Ó serlle concedida a excedencia daráselle ó traballador un certificado do servicio médico da empresa no que consten as súas condicións de aptitude ou limitación para o traballo, sempre que el mesmo o solicite.

Se o traballador, unha vez transcorrido como mínimo o 75% do tempo de excedencia concedido, solicitase o seu reingreso, admitirase a súa solicitude para a primeira vacante que exista da súa categoría.

O comité de empresa poderá pedir que se lle dea coñecemento dos rexeitamentos que se producisen ás solicitudes de reingreso dos excedentes.

Título IV

Réxime de retribucións

A) Tempos e rendementos.

Artigo 18º.-Tempos.

Os tempos determinaranse polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados ata a data polos servicios técnicos da empresa, podendo ser: estimados, provisionais e definitivos. Ó poñerse en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e ata que sexa posible realiza-la primeira cronometraxe, aplicaranse os tempos estimados, que serán obtidos por apreciación.

Consideraranse como tempos provisionais os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado, que se producirá inmediatamente que os servicios técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operador.

Consideraranse tempos definitivos os asignados a cada traballo na segunda cronometraxe, que se realizará en canto as condicións mecánicas e operatorias se encontren totalmente estabilizadas; non deberán normalmente producirse despois de seis meses da primeira cronometraxe para os postos individuais, nin de doce meses para as liñas e traballos colectivos.

Artigo 19º.-Revisión dos tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados, excepto nos casos seguintes:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operatorio, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise do posto.

d) Por erros de cálculo comprobables nas gammas e follas de análise.

e) Nos postos considerados como de tempos variables por circunstancias alleas a eles, como recuperación de pezas, etc., os tempos serán revisados periódica e sistematicamente, sen alcanzaren nunca a consideración de definitivos.

Nos casos de discrepancia individual observarase o disposto na normativa vixente de aplicación.

Artigo 20º.-Aplicación dos tempos.

A empresa adoptará o sistema de prima individual en tódolos casos en que sexa tecnicamente posible e mentres a organización do traballo non aconselle o contrario.

Cando un traballador deba pasar dun posto productivo a outro productivo non parecido, facilitaráselle que no novo posto consiga o seu Kb habitual mediante as «compensacións de aprendizaxe».

Se traballa a prima individual, a compensación do aprendizaxe consistirá en aboarlle toda a quincena o Kb obtido nos últimos días, sen pasar do Kb medio obtido nas tres últimas quincenas no posto anterior.

Esta compensación, que terá unha duración máxima de dúas quincenas, deixará de facerse se o traballador non mellora diariamente o seu Kb. Se o cambio se produciu despois dos seis primeiros días da quincena, ou dura menos dos seis días impedíndolle ó operario chegar a un Kb razoable, pagaráselle toda a quincena do Kb proporcional que resultaría de seguir en toda ela o mesmo progreso observado nos días de aprendizaxe.

Se traballa en grupos colectivos, cobrará o Kb que obteña o grupo, e, para que o dito Kb non baixe con motivo da falta de práctica do novo operario, emitiránselle a este solicitudes de crédito de aprendizaxe diarias, en función das horas doutro traballador productivo que haxa que empregar para completa-lo posto do novo traballador.

Estas solicitudes seranlle aboadas, así mesmo, ó Kb medio que obteña o grupo, ata un máximo de vinte horas para cambio de posto dentro dun mesmo grupo ou cando o traballador xa traballase no dito grupo, e, ata un máximo de corenta horas, nos demais casos.

Proporcionaráselle a todo traballador, se o solicita, o tempo cronometrado individual ou de grupo que se emprege para calculala súa prima e, nas liñas, o das operacións asignadas ó dito traballador, especificado por operacións.

Artigo 21º.-Rendementos.

Establécese que o rendemento mínimo será o chamado Kb =0,75, equivalente a 45 minutos hora, para efectos do disposto na normativa legal vixente, así como para os efectos disciplinarios oportunos.

Establécese como rendemento normal o habitual do traballador, para efectos do preceptuado no artigo 54.2º apartado e) do Real decreto lexislativo 1/1995,

do 24 de marzo, o que aquel viñese obtendo en precedentes períodos de tempo, podéndose considerar como período para determina-lo dito rendemento normal, un mínimo dun mes e un máximo dun ano. Cando non exista medio de comparación propio dun posto de traballo, considerarase como rendemento normal o que obtivesen outros traballadores no mesmo posto ou similar.

O período de tempo para determinar que existe continuidade no baixo rendemento a que se refire o dito artigo 54.2º apartado e) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, será diferente segundo que se trate dun traballador ou ben afecte a un grupo de traballadores, máxime se como consecuencia diso se derivase escándalo ou producise indisciplina ou incitación a outros traballadores a secundar tal actitude.

No que se refire a traballadores que ocupan postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario, para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento, que este se producise no período dun mes logo de ter sido apercibido.

Artigo 22º.-Comisión paritaria de tempos.

Para entender sobre as reclamacións individuais nacidas da aplicación do sistema de análise e control de rendementos persoais, existirá unha comisión paritaria de tempos, composta por 4 membros representantes da dirección (dous titulares e dous suplentes) e 4 membros do comité de empresa (dous titulares e dous suplentes).

De entre, e polos compoñentes da comisión, elixirase un presidente e un secretario, cargos que deberán recaer en membros de ámbalas representacións.

Tódolos membros titulares da dita eomisión disporán de vinte horas retribuídas ó mes para o desempeño das súas funcións.

Reunións da comisión paritaria: haberá dous tipos de reunións, ordinarias e extraordinarias. As ordinarias terán lugar unha vez ó mes dentro da súa primeira quincena. Terán carácter de extraordinarias as convocadas a iniciativa xustificada de cualquera das dúas representacións. Tódalas reunións, tanto ordinarias como extraordinarias, deberán ser convocadas polo presidente e secretario cun prazo de 48 horas de antelación, con indicación de lugar de reunión, día, hora e orde do día.

A comisión paritaria enviará informe de tódalas reunións que celebre ó comité de empresa e a dirección desta.

De solicitalo, a comisión paritaria será informada dos rendementos obtidos polos diferentes talleres de fábrica en cada unha das quincenas do ano.

B) Condicións económicas.

Artigo 23º.-Salarios.

O 1 xaneiro de 1996 os salarios de fábrica experimentarán un aumento do 4%, que se aplicará de forma proporcional para tódolos traballadores e sobre tódolos conceptos, tanto salariais como os de axuda social.

a) Retribución do persoal horario.

Componse de salario convenio, complemento, prima de producción (nos casos establecidos) e prima de posto (nos casos establecidos).

O salario convenio reflíctese no anexo I do presente convenio.

b) Retribución do persoal mensual e táboas de retribucións mínimas.

As retribucións do persoal mensual serán incrementadas nun 4% sobre as existencias o 31-12-1995.

Coa entrada en vigor do presente convenio colectivo, Labauto lbérica, S.A. actualizará a táboa existente de retribucións mínimas garantidas para o persoal mensual incrementadas nun 4%, quedando coas contías seguintes por categoría:

Táboas mínimas persoal mensual.

Categorías.

Subalternos: 2.102.646 ptas./ano.

Administrativo Of.2ª: 2.085.552 ptas./ano.

Administrativo Of. lª: 2.461.634 ptas./ano.

Xefe administrativo 2ª: 2.735.152 ptas./ano.

Técnico organización 2ª: 2.324.882 ptas./ano.

Técnico organización lª: 2.564.198 ptas./ano.

Xefe organización 2ª: 2 837.716 ptas./ano.

Encargado: 2.461.634 ptas./ano.

Contramestre: 2.735.152 ptas./ano.

Xefe de taller: 3.077.144 ptas./ano.

Enxeñeiro técnico: 2.426.382 ptas./ano.

Enxeñeiro superior: 3.186.890 ptas./ano.

Diplomado empresariais: 2.392.880 ptas./ano.

c) Durante o ano 1996 a retribución de aprendices maiores de 18 anos será de acordo cos seguintes considerandos:

1º) Durante os 6 primeiros meses de aprendizaxe aboaráselle a este o 70% do salario que corresponda ó cableador que figura no anexo I do presente convenio.

2º) Os 6 meses seguintes aboaráselle o 80%.

3º) Os últimos 6 meses aboaráselle o 90%.

4º) Unha vez finalizados os tres períodos anteriores o aprendiz pasará a ter, como mínimo, a categoría de cableador e percibindo a cantidade que corresponda a cada categoría.

Artigo 24º.-Complemento salarial.

A contía deste complemento salarial, coa mesma validez e categoría có salario, aplicarase da forma que a continuación se indica.

-Persoal horario: ver táboas.

-Persoal mensual: o valor individual de cada traballador recoñecido a 31/12/95 incrementarase na mesma evolución có salario.

Artigo 25º.-Complemento de puntualidade e prima de asistencia.

Para tódalas categorías de persoal horario a súa aplicación manterase de acordo cos criterios actuais, sobre as horas ordinarias, pero aumentando o seu valor, para 1996, a 66,48 ptas./brutas/día.

Para o persoal mensual, a prima de asistencia e puntualidade para 1996 será de 1.283 ptas./brutas/mes, sendo as súas normas de aplicación as mesmas que se utilizan para o persoal horario.

Artigo 26º.-Primas de producción directa.

Os valores de prima de producción directa vixentes na data 31-12-1995 incrementaranse no 4% e devengaranse e aplicaranse segundo o establecido no artigo 29º deste convenio colectivo.

O minuto producido terá un valor de 1,6335 ptas. ata 54 minutos hora (Kb. 0,90) e de 1,6703 ptas. para os minutos hora que excedan de 54,0, o que é o mesmo, aplicaranse as fórmulas seguintes:

Ata Kb 0,90 Prima = 274,9014 x Kb-159,2021 ptas./hora.

Desde Kb 0,91 Prima = 298,7760 x Kb-180,6892 ptas./hora.

Artigo 27º.-Primas de producción indirecta.

(Tarifa fixa-mantemento)

Os valores de prima de producción indirecta vixentes na data 31-12-1995 incrementaranse o 4% e estas devengaranse e aplicaranse segundo o establecido no artigo 29º deste convenio colectivo. Pagaranse de acordo co coeficiente de rendemento obtido e mediante a aplicación da fórmula seguinte:

Prima en ptas./hora = 205,7993 x coeficiente -80,3256 ptas./h.

Artigo 28º.-Primas de cualificación de postos de peóns, cableadores e especialistas.

Devénganse sobre os tempos establecidos no artigo 29º e a partir, como é habitual, do rendemento Kb = 0,75, cos valores seguintes:

1...........................0,0721 ptas./minuto producido.

2...........................0.1252 ptas./minuto producido.

3...........................0,2516 ptas./minuto producido.

4...........................0,4838 ptas./minuto producido.

5...........................0,6816 ptas./minuto producido.

6...........................0,9482 ptas./minuto producido.

7...........................1,1794 ptas./minuto producido.

8...........................1,4449 ptas./minuto producido.

9...........................1,7109 ptas./minuto producido.

A prima fixa de cualificación de posto establécese en:

Para regradores especialistas =88,38 ptas./hora.

Artigo 29º.-Aplicación das primas de producción en persoal horario.

Aplicaranse, como é habitual, sobre:

a) Tempos efectivos de traballo, co valor correspondente ó rendemento realizado individual ou colectivamente.

b) Vacacións, 30 días ou a súa proporción.

c) Pagas extraordinarias de xullo e Nadal, 25 días ou a súa proporción.

Así mesmo aplicaranse sobre as horas de licencias retribuídas conforme o artigo 16º.

Para os apartados b) e c), así como para as licencias retribuídas, aplicaranse os valores medios das primas de producción obtidas nos tres últimos meses traballados.

Artigo 30º.-Primas de postos non cronometrados.

A prima fixa para os postos non cronometrados establécese cos seguintes valores:

Cableadores: 18,56 ptas./brutas/hora.

Peóns: 18,56 ptas./brutas/hora.

Especialistas: 37,15 ptas./brutas/hora.

Especialistas cualificados: 37,15 ptas./brutas/hora.

Oficiais de 3ª: 59,80 ptas./brutas/hora.

Oficiais de 2ª: 68,14 ptas./brutas/hora.

Oficiais de 1ª: 74,86 ptas./brutas/hora.

Para o persoal de novo ingreso aplicaráselle 114,34 ptas./brutas/hora.

Artigo 31º.-Postos tóxicos, penosos e perigosos.

Será aumentada a contía das primas, pasando todo o persoal afectado por este concepto a cobrar 17,16 ptas./brutas/hora.

Artigo 32º.-Complemento por traballo nocturno.

O complemento por traballo nocturno, nos casos aplicables, consistirá no vintecinco por cento do salario base e complemento salarial.

Artigo 33º.-Antigüidade.

O valor da antigüidade para 1996 será o seguinte, por cada trienio que corresponda:

-Persoal horario: 55,76 ptas./brutas/día.

-Persoal mensual: 1,660 ptas./brutas/mes.

Para todo o persoal procedente de Citroën, con antigüidade anterior ó 1 de setembro de 1989, establécense os seguintes complementos de antigüidade en concepto de absorción dos dereitos adquiridos sobre a utilización do economato:

-Persoal horario: 52 ptas./brutas/día (425 días).

-Persoal mensual: 1.560 ptas./brutas/mes (14 mensualidades).

Artigo 34º.-Horas extraordinarias.

A fórmula para establece-lo valor base da hora sobre a cal se apliquen as recargas que correspondan, continuará sendo a actual, partindo dos valores ano que comprendan as primas e incentivos ó valor de Kb = 0,75:

Valor base hora=(Devengo anual x 12)/(1760 x 14)

O valor resultante incrementaránselle as recargas porcentuais legais que correspondan.

A empresa deberalles comunicar ós traballadores afectados a necesidade de traballar en horas extraordinarias cunha antelación suficiente, e cando menos, deberá efectuarse 24 horas antes do día en que deban realizarse, salvo naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios urxentes, caso no que se considerará obrigatoria a prestación.

Se as circunstancias técnicas e productivas así o esixisen, a empresa poderá establece-la realización dun máximo de 80 horas extraordinarias estructurais por traballador e ano. A posible realización deste tipo de horas extraordinarias estructurais será voluntaria e terá carácter xeral.

Artigo 35º.-Gratificacións extraordinarias.

As pagas extraordinarias do mes de xullo e Nadal serán aboadas a razón de 25 días laborables e 5 festivos, cada unha delas.

A empresa abonálle-las pagas extraordinarias do mes de xullo e Nadal completas a tódolos traballadores que estivesen en situación de I.T. (incapacidade temporal), no semestre anterior, en tanto subsista a obriga de cotizar á Seguridade Social, tomando como prima base a media dos tres últimos meses traballados.

Artigo 36º.-Complemento das prestacións por incapacidade temporal.

Para 1996 e con expresa exclusión de prórroga tácita, a empresa complementará as prestacións derivadas de I.T., (tanto por enfermidade común como por accidente de traballo), ata o 100% do salario individual (salario base, complemento, antigüidade e prima de producción), desde o día 15 de cada período de baixa médica oficial, ata o día 21, ambos inclusive.

-O citado complemento manterase en tanto permanezan vixentes as actuais bases de cálculo e porcentaxes de pagamento da mencionada prestación.

A empresa reserva para si o dereito de verifica-lo estado de I.T., a través de persoal sanitario propio ou concertado. A negativa ós ditos recoñecementos poderá determina-la exclusión do aboamento do complemento aquí regulado, así como a negativa a segui-los tratamentos prescritos ou a non presentación dos correspondentes partes de baixa ou confirmación.

Título V

Previsión e política social

Artigo 37º.-Formación.

Labauto lbérica, S.A. potenciará as súas accións de formación destinadas ó conxunto do persoal para o seu perfeccionamento profesional e a súa adaptación permanente ás novas tecnoloxías de producción e ós novos métodos de organización e xestión.

O plan de formación establecido para 1996 prevé a realización aproximada de 22.000 horas, cubrindo as seguintes áreas:

-Automatismos e novas tecnoloxías.

-Organización e métodos.

-Calidade.

-Informática e microinformática.

-Recursos humanos.

-Técnicas específicas do taller.

-Idiomas.

-Formacións específicas e outras.

A asistencia ós diferentes cursos virá determinada pola necesidade de lle proporcionar ó persoal os coñecementos requiridos para un desenvolvemento eficaz das súas funcións e unha correcta adaptación a evolución técnica e organizativa da empresa.

A empresa proporcionaralle trimestralmente á representación dos traballadores información sobre o grao de cumprimento do plan de formación.

Artigo 38º.-Bolsas de estudio.

A empresa concederá a cantidade dun millón setecentas vinteunha mil oitocentas oitenta e catro pesetas (ptas.: 1.721.884) durante o ano 1996 con motivo de axuda a estudios, as cales se distribuirán linealmente a todo o persoal que se atope de alta nela na data 30/09 de cada ano e incrementarase no mesmo valor có salario.

Artigo 39º.-Vivendas.

Labauto Ibérica, S.A. manten o fondo de dezaseis millóns catrocentas nove mil cento cincuenta (ptas.: 16.409.150), como dotación para préstamos destinados a adquisición, construcción e reparación de vivenda propia, que se utilice ou se vaia utilizar como domicilio familiar, dando preferencia ás viviendas en réxime de cooperativa ou de iniciativa oficial.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo: 500.000 ptas.

-Prazo de devolución: 5 anos.

-Xuro: 4,5%

A dirección establecerá as diferentes contías dos préstamos en función da situación familiar e as normas para a súa concesión.

Para a concesión dos préstamos crearase unha comisión paritaria composta por dous membros do comité de empresa e dous representantes da dirección, presidida por un dos representantes da empresa con voto de calidade.

Artigo 40º.-Seguro de viaxes.

A empresa manterá os seguros de accidentes que actualmente ten establecidos para o persoal que, por necedidades do servicio, deba desprazarse a unha localidade distinta do seu centro de traballo.

Artigo 41º.-Seguro de vida.

A empresa manterá o seguro colectivo de vida que ó seu cargo ten actualmente establecido para todo o persoal do cadro.

O capital asegurado para o persoal fixo será equivalente ó salario anual, entendendo por tal, se é o caso, o salario base, complemento, antigüidade e prima de producción, tomando como referencia o nivel salarial do 1 de xaneiro de cada ano.

Para o persoal eventual, o capital asegurado durante o ano 1996 ascende a un millón seiscentas sesenta e tres mil trescentas corenta pesetas (1.663.340 ptas./persoa).

Este seguro garante os riscos alternativos seguintes:

-Morte natural: aboamento do capital asegurado.

-Morte por accidente: aboamento de dúas veces o capital asegurado.

-Gran invalidez: aboamento do capital asegurado.

-Incapacidade permanente absoluta: aboamento do capital asegurado.

-Incapacidade permanente total: aboamento do capital asegurado, adquire o dereito no momento de causar baixa no cadro de persoal da empresa e recoñecemento legal de tal situación.

A cobertura deste seguro alcanza a totalidade do cadro de persoal da empresa en situación de activo, entendendo tamén como tal a situación legal de I.T., ata o máximo previsto no artigo 131. bis 2 da Lei xeral da Seguridade Social, segundo redacción dada pola Lei 42/1994, do 30 de decembro. Para iso é imprescindible que os afectados, no mes de xaneiro de cada ano, informen e xustifiquen ante a empresa as súas circunstancias. Nestes casos os capitais asegurados manterán o nivel que tiñan no momento de finaliza-la obrigatoriedade de cotización da empresa á Seguridade Social.

Artigo 42º.-Mutualidade de previsión social.

A achega da empresa á mutualidade Labauto Allibert Ourense de Previsión Social, durante a vixencia do presente convenio colectivo, fíxase en 187 ptas./mes por cada persoa que se encontre ó servicio da empresa indistintamente da súa categoría e salario. A cantidade que resulte aboarase mensualmente para cubri-los fins actuais regulamentarios establecidos nos estatutos vixentes en 31 de decembro de 1990 e adaptados ó actual Regulamento de entidades de previsión social.

Artigo 43º.-Préstamos persoais.

Concederánselles préstamos a tódolos traballadores da empresa que os soliciten:

-Importe máximo: 104.000 ptas./traballador.

A dita cantidade será descontada nas doce pagas seguintes á concesión do préstamo e sen xuro ningún.

En canto ós traballadores eventuais, poderán acceder a estes préstamos sendo descontadas as cantidades sen xuro ningún e en tantos prazos como meses quedan para a finalización do seu contrato.

Cando estes contratos eventuais teñan unha duración de máis de doce meses, acolleranse ás mesmas condicións có persoal fixo.

Estes préstamos persoais non poderán superar no seu conxunto os dez millóns de pesetas.

Artigo 44º.-Residencias de verán.

A empresa fará as xestións oportunas co fin de contratar hoteis ou residencias, para que os colaboradores e os seus familiares os poidan desfrutar durante as vacacións.

Artigo 45º.-Financiamento de vehículos.

Establécese durante 1996 e para o persoal fixo do cadro, un sistema de financiamento para a compra de vehículos; as condicións particulares axustaranse ás ofertas que as entidades bancarias estipulen, e que serán postas en coñecemento de tódolos traballadores. En todo caso as condicións xerais de financiamento serán as seguintes:

Modalidade de financiamento.

Un único crédito, con amortización (principal máis xuros) entre un e seis anos.

Forma de pagamento: mediante desconto en nómina (12 mensualidades).

Formalización do financiamento: formalizarase en todo caso a través dos departamentos correspondentes da empresa e a entidade financeira.

Artigo 46º.-Vehículos.

Labauto Ibérica, S.A. para 1996 manterá o fondo de sete millóns seiscentas trinta e cinco mil oitocentas noventa pesetas (ptas. 7.635.890), como dotación para préstamos destinados á adquisicion de vehículos.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo: 500.000 ptas.

-Prazo de devolución: 4 anos.

-Xuro: 8,40%

Para a concesión destes préstamos terase en conta a situación familiar do solicitante e a súa antigüidade na empresa, dándose preferencia ós traballadores que carezan de vehículo sobre os que o teñan.

Os beneficiarios destes préstamos non poderán acollerse ó sistema de financiamento previsto no artigo 45.

Durante 1996 crearase unha comisión paritaria para a concesión dos préstamos, composta por dous membros representantes do comité e outros tantos membros representantes da dirección. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 47º.-Seguridade e saúde no traballo.

Nesta materia será de observación a lexislación vixente, a norma básica da cal a constitúe a nova Lei de prevención de riscos laborais (31/1995). Así mesmo serán aplicadas as regulamentacións que o lexislador leve a cabo en desenvolvemento da dita lei.

Créase a figura do delegado de prevención, que será o encagado de colaborar, xunto á dirección da empresa, na acción preventiva; de fomenta-la cooperación dos traballadores no dito campo, e de velar polo cumprimento da normativa vixente, e consultado polo empresario para a toma de decisións que poidan ter efectos sobre a seguridade e saúde dos traballadores.

Establécese que, a maiores do mínimo previsto na lei para o cadro de persoal da empresa, o seu número será de 4; e serán elixidos por e entre os representantes do persoal.

O comité de seguridade e saúde no traballo será o órgano destinado a consulta das actuacións da empresa en materia de prevención de riscos e atenderá os problemas referentes á seguridade e á saúde no traballo. Estará formado polos 4 delegados de prevención e por 4 representantes da empresa.

O seu funcionamento, así como as súas competencias e facultades son as establecidas nos artigos 38 e 39 da Lei de prevención de riscos laborais (31/1995).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Regulación subsidiaria.

En todo o non previsto no presente convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes expresamente conveñen en que se aplicará a título de dereito dispositivo a normativa vixente en cada caso.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral, no exercicio das atribucións que lle son propias, invalidase algún dos pactos do convenio, quedaría este sen efecto, debendo ser reconsiderado de novo na súa totalidade, para o que se han reuni-las partes contratantes a través das súas respectivas comisións negociadoras.

Terceira.-Cuestións previas.

Como parte das estipulacións do presente convenio colectivo, ámbolos contratantes manifestan a súa intención de informar e discutir previamente en reunión conxunta todas aquelas cuestións de incidencia colectiva e que, se é o caso, poidan ser susceptibles de análise administrativa ou xurisdiccional.

ANEXO I A

Relación doutros complementos salariais existentes en Labauto Ibérica, S.A. aplicables en 1996.

Os complementos máis abaixo relacionados poderán sufrir variación e ser compensados e absorbidos por calquera modificación tecnolóxica, valoración de postos ou evolución da actual estructura salarial, e, en xeral, por calquera outra causa que poida facer varia-las actuais condicións salariais ou de traballo.

Complemento de descanso en recuperación voluntaria.

É un complemento salarial que se aboa durante os días ou horas de descanso substitutorios dos que por instruccións da xerarquía e de acordo co Servicio de Persoal prolongan a súa xornada de traballo durante días laborables ou non laborables.

A súa contía fíxase en 570 ptas./hora.

Complemento de xornada ordinaria de traballo en sábados non laborables, domingos e festivos.

É un complemento salarial de carácter funcional e non consolidable que se lles aboa a tódolos traballadores que realizan a súa xornada ordinaria de traballo en sábados non laborables segundo o calendario laboral xeral, domingo ou día festivo. Enténdese como xornada ordinaria aquela que se realiza a teor do réxime normal de traballo establecido en taller ou servicio do traballador.

A súa contía fixase en 373 ptas./hora.

No caso de que este complemento se devengue durante a realización de horas extraordinarias, o seu valor fíxase en 302 ptas./hora.

Complemento de quenda fixa de noite.

É un complemento salarial de carácter funcional e de natureza non consolidable que se lles aboa ós traballadores que voluntariamente acepten o réxime de traballo en quenda fixa de noite, polo menos por un período mínimo de tres meses. Quedan excluídos da percepción do complemento aqueles traballadores contratados expresamente para prestaren a súa actividade na dita quenda con exclusividade.

A súa contía fíxase en 126 ptas./hora.

Complemento de xornada rotativa de mañá, tarde e noite.

É un complemento salarial de carácter funcional e de natureza non consolidable que se devenga polo réxime de traballo en quendas rotativas de mañá, tarde e noite de forma permanente e exclusiva.

A súa contía fíxase en 15,02 ptas./hora.

A contía indicada deste complemento, co mesmo carácter funcional e non consolidable, devengarase excepcionalmente durante 1996 polo persoal do servicio de mantemento e vixilancia cando por aplicación de calendarios especiais se vexa obrigado a prestar servicios en sábados non laborables, domingos ou festivos, polo menos unha vez ó mes, e, en consecuencia, a desfrutar do correspondente descanso durante día ou días laborables da semana. O devengo afectará exclusivamente ó mes en que se produza tal circunstancia.

ANEXO III

O comité e a empresa coinciden en que é un obxectivo prioritario a consolidación da empresa no sector de cablerías do automóbil polo que, como consecuencia da sinatura deste convenio se garante o mantemento do emprego do persoal fixo actual como mínimo, ó mesmo tempo que o dos eventuais precisos para o desenvolvemento normal da actividade ata, polo menos, o ano 98, inclusive.

Con este motivo a empresa comprométese a realiza-los investimentos necesarios que crea convenientes, co obxecto de forma-lo persoal e compra-los útiles e/ou maquinaria que permitan fortalece-la posición competitiva da empresa dentro do sector.

Crearase unha comisión para identificar aqueles aspectos susceptibles de mellora, co fin de alcanzar un clima de confianza, diálogo e colaboración mutua que permita solucionar tódolos problemas que afecten negativamente a productividade e competitividade da empresa.

Esta comisión estará formada por representantes da dirección e membros do comité asinantes deste convenio.

ANEXO IV

A empresa comprométese a:

a) Información sobre baixas no cadro de persoal: trimestralmente informarase o comité de empresa sobre as baixas de persoal, fixo ou temporal, que se produzan, así como as súas causas (finalización do contrato, voluntarias, despedimentos, etc.).

b) Información sobre previsión e modalidades de contratación: trimestralmente a empresa informará ó comite de empresa sobre a evolución previsible da contratación, en máis ou en menos, en función do nivel de producción previsto, evolución do mercado, etc.

Así mesmo e respecto ás contratacións en prácticas e para a formación, a empresa informará sobre as perspectivas de traballo estable, sen prexuízo da evolución da situación xeral e específica da empresa, adaptación do traballador ó posto, nivel profesional adecuado, etc.

c) Destino dos recursos, investimentos productivos e xeradores de emprego: informarase o comité de empresa sobre o destino dos recursos a investir en finalidades de carácter productivo, explicando as grandes liñas que forman os plans de investimento e valorando en que medida xeran emprego ou aseguran o actual nivel.

d) Información ó comité de seguridade e hixiene sobre organización e métodos de traballo en novas tecnoloxías: o comité de seguridade e hixiene será informado sobre a organización técnica de novas instalacións e, en xeral, das circunstancias concorrentes no medio humano dos postos de traballo das ditas instalacións, así como sobre a súa vertente ergonómica.

e) Adaptación da muller xestante en posto adecuado: en función do informe que o servicio médico emita, procederase ó cambio de posto de traballo, ou adaptación do que teña, da traballadora, evitando ambientes, posturas ou quendas que prexudiquen a xestación.

f) Información previa ó comite de empresa sobre a definición dos plans de formación: anualmente, a empresa expoñerá ó comité de empresa as liñas definitorias da súa política respecto á formación, así como a definición concreta de tal filosofía a través dos plans anuais, subvencionados ou non.

Trimestralmente informarase sobre o nivel de cumprimento dos plans previstos.

g) Promoción profesional en función da formación recibida: a hora de estudiar unha promoción a categoría ou posto superior, teranse en conta como factores importantes as áreas de formación profesional recibidas, actitude ante a formación continuada, potencial cultural que facilite o desempeño do novo posto de traballo, etc.