Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 27 de agosto de 1996 Páx. 8.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía-presidencia con data 16 de agosto de 1996, exponse ó público o avance da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana desde o día 30 de agosto ata o día 5 de outubro do ano en curso. Durante o mesmo prazo poderán formularse as suxestións e alternativas que se consideren convenientes.

O documento do avance poderá consultarse nas dependencias da Estación Marítima de luns a venres, en horas de 12 a 14 e de 18 a 21.

A Coruña, dezaseis de agosto de mil novecentos noventa e seis.

P.D.

O alcalde

Rubricado

6141