A Consellería de Economía e Facenda, por proposta da Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa Unión Europea, convoca o seguinte concurso público aberto:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa U.E.
c) Número do expediente: 96/05/1027.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: realización do traballo de informes técnicos sobre a execución das obras subvencionadas polo fondo de cooperación coas entidades locais 1996.
b) Lugar de execución: provincia da Coruña.
c) Prazo de execución: desde a formalización do contrato, nove meses naturais.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base da licitación.
Importe total: 9.117.698 ptas., IVE incluído.
5. Garantías.
a) Provisional: 2% do orzamento da licitación: 182.354 ptas.
b) Definitiva: 4% do orzamento da licitación: 364.708 ptas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa U.E.
b) Domicilio: San Caetano, s/n.
c) Localidade: 15702 Santiago de Compostela.
d) Teléfono: (981) 54 51 32.
e) Telefax: (981) 54 51 33.
f) Data límite da obtención: os días e horas hábiles de oficina, ata a finalización do prazo de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación e categoría: non se esixe.
8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.
a) Prazo: comezará o día seguinte ó da data da publicación desta resolución e rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán toda a documentación que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: as proposicións terán que ser presentadas en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, redactado segundo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.
d) Modelo de proposición: a proposición económica formularase conforme o modelo que se xunta como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: mesa de contratación da Consellería de Economía e Facenda
b) Domicilio: San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: ás dez horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.
10. Gastos dos anuncios.
Os anuncios e demais gastos que orixine este concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1996.
P.O. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio
9606223