Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 27 de agosto de 1996 Páx. 7.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1996 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Ibermar, S.A., sita na rúa Enseada da Gándara, s/n, polígono industrial, centro comercial Alcampo de Ferrol.

Visto o expediente instruído por instancia de Ángel Luis Rodríguez Martín, na súa calidade de representante legal da entidade Viajes Ibermar, S.A.,

en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, na r/ Enseada da Gándara, s/n, polígono industrial, centro comercial Alcampo de Ferrol, da axencia de viaxes Viajes Ibermar, S.A., do grupo maiorista-minorista, co número de identificación C.I.C. MA-58, que ten a súa casa central en Madrid, na r/ Jorge Juan, 21.

Resultando que o interesado, xunto coa solicitude, presentou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1996 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta secretaría xeral,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Ibermar, S.A., sita en Madrid, na rúa Jorge Juan, 21, da que é representante legal Ángel Luis Rodríguez Martín, a apertura dun novo establecemento na r/ Enseada da Gándara, s/n, polígono industrial, centro comercial Alcampo de Ferrol, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1996.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

96-6229