Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 27 de agosto de 1996 Páx. 7.992

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 1996 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, a Ana María Porto Rioboo.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade da Coruña do 3 de xullo de 1995 (BOE do 29 de xullo) para a provisión da praza número 95/042 de profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación desta universidade, a favor de Ana María Porto Rioboo, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ana María Porto Rioboo, profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación desta universidade.

A Coruña, 1 de agosto de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

6287