Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1996 pola que se anuncia o concurso público número 7/1996 por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de diverso equipamento informático para a Facultade de Informática (expediente número 1018/1996).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de diverso equipamento informático.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: once millóns de pesetas (11.000.000).

Garantía provisional: dúascentas vinte mil pesetas (220.000).

A Coruña, 12 de agosto de 1996.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

6252