Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.967

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (129/1996).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo nº 129/1996, sobre reclamación de cantidade, sendo demandante Banco de Asturias S.A. e demandados Albino López Sanmartín e Carmen Valiña Fidalgo e outros, sendo a contía do asunto de 2.141.871 pesetas de principal, máis 1.500.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, cítase de remate o demandado Albino López Sanmartín e Carmen Valiña Fidalgo para que, no prazo de nove días hábiles a partir da publicación, poida opoñerse á execución, comparecendo nos autos por medio de procurador, e é apercibido de que de non o efectuar será declarado en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso sen o volver citar nin lle facer outras notificacións que determine a lei. Notifíqueselle o embargo dos seguintes bens:

-Saldos que os demandados posúan en calquera clase de conta corrente, de aforro ou depósito en Caixa Galicia.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pagamento por se descoñece-lo seu domicilio.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados, Albino López Sanmartín e Carmen Valiña Fidalgo expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 7 de xuño de 1996.

O secretario

Rubricado

9604916