Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.959

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 1996, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso L-01/1996 convocado pola Orde do 30 de abril de 1996 (DOG número 88, do 6 de maio) para a provisión de postos de traballo incluídos na oferta pública de persoal laboral.

Convocado o concurso L-01/96 para a provisión de postos de traballo vacantes incluídos na oferta pública de persoal laboral publicado no DOG número 88, do 6 de maio de 1996, e á vista da proposta realizada pola comisión encargada de aprecia-los méritos alegados polos concursantes, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións coas puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións atópanse expostas nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Segundo.-Os interesados poderán formular reclamacións, en relación coas puntuacións provisionais, ata o día 21 do mes de setembro de 1996, desde

a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións realizaranse mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 1996.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

5807