Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 23 de agosto de 1996 Páx. 7.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1996, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de servicios (expediente 4/1996).

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, acorda darlle publicidade a adxudicación á empresa EULEN, S.A. do C.P. 4/1996 (área norte): servicio de limpeza dos centros de Lalín, Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Marín, Moaña, Pontevedra (urxencias, dirección atención primaria e almacén) por un importe total de 27.077.880 pesetas anuais.

Vigo, 19 de xullo de 1996.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo

9606232