Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 23 de agosto de 1996 Páx. 7.946

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (112/1996).

Eu, María Cristina Navárez Villar, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, fago saber:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo de cognición baixo o nº 112/1996 sobre amolloamento, por instancia de Josefa Noya Lourido, contra José Pérez Bello, Jesusa Turnes Rodríguez, María del Carmen Cebey García e Generosa Rodríguez Canedo, nos que, por resolución do día da data, acordou emprazar, e polo presente edicto emprázase a Generosa Rodríguez Canedo, que se atopa en ignorado paradoiro, co fin de que no prazo improrrogable de nove días compareza en autos, baixo apercibimento de que, de non o verificar, será declarada en rebeldía, e o xuízo continuará o seu curso.

Dado en Negreira o 17 de xuño de 1996.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9604977