Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 23 de agosto de 1996 Páx. 7.942

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de agosto de 1996 pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 8 de marzo de 1996 (DOG do 19) para ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario, na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto na base común 9, apartado 6 da orde desta consellería do 8 de marzo de 1996 (DOG do 19) pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública por materias a lista dos funcionarios do mesmo corpo que superaron o procedemento de adquisición de novas especialidades no anexo I desta orde.

Segundo.-Facer pública, por materias e número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de ensino secundario no anexo II desta orde.

Terceiro.-Facer pública, por materias e número de orde, a lista dos opositores que superaron os

procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas no anexo III desta orde.

Cuarto.-Facer pública, por número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade piano no anexo IV desta orde.

Quinto.-Los relacionados en los anexos II, III e IV, que estean cumprindo o servicio militar, por xestación ou por outra causa que, a xuízo da Dirección Xeral de Persoal, necesiten aprazamento da incorporación á fase de prácticas, unha vez que sexan chamados, deberano solicitar por escrito ante a Dirección Xeral de Persoal xuntando os documentos xustificativos.

Sexto.-Os opositores aprobados relacionados nos anexos II, III e IV deberán presentar ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a documentación que se relaciona na base común 10 da Orde do 8 de marzo de 1996 (DOG do 19), no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde.

Sétimo.-Os participantes nestes procedementos selectivos poderán retira-la documentación presentada, eles mesmos ou por medio de persoa autorizada, no Servicio do Profesorado de Ensinanzas Secundaria e Especiais desta consellería (San Caetano-Santiago de Compostela), no prazo dun mes contado a partir de trascorridos dous meses desde a publicación da presente orde.

Oitavo.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Persoal

9606233