Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 23 de agosto de 1996 Páx. 7.942

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/1059/96, interposto pola Confederación Intersindical Galega.

Notificóuselle á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais a providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 1/1059/96, interposto pola Confederación Intersindical Galega contra o Decreto 160/1996, do 25 de abril (DOG nº 94, do 14 de maio), de configuración e introducción no Estatuto de persoal non sanitario de institucións sanitarias da Seguridade Social da categoría de persoal de servicios xerais.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer en forma nos autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

6062