Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 23 de agosto de 1996 Páx. 7.925

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1996, da Dirección de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos, pola que se autoriza os centros de ensinanzas non universitarias para incorporárense á bolsa de entidades colaboradoras no programa de prestación social substitutoria do servicio militar.

Pola Orde do 3 de maio de 1996 (DOG do 28), convócase ós centros de ensinanzas non universi

tarias para incorporárense á bolsa de entidades colaboradoras no programa de prestación social substitutoria do servicio militar.

As solicitudes formuladas polos interesados foron remitidas a esta vocalía da Comisión Galega de Obxección de Conciencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polas delegacións provinciais, clasificadas segundo a modalidade do programa solicitado.

Emitido o informe de conformidade da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, e conforme se indica no apartado décimo da orde de convocatoria, esta Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-los centros de ensinanzas non universitarias, que se indican no anexo, a incorporárense como entidades colaboradoras no desenvolvemento dos programas para realiza-la prestación social sustitutoria do servicio militar, no ámbito educativo.

Segundo.-Remiti-la relación de centros de ensinanzas non universitarias que figuran no anexo a esta resolución á Comisión Galega de Obxección de Conciencia-Dirección Xeral de Xustiza e Interior da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais-, para que se inclúan na bolsa de entidades colaboradoras.

Terceiro.-Os centros autorizados, terán un responsable dos programas que será a directora ou director do centro ou persoa na que delegue, e terá como funcións as seguintes:

a) Dirección, asignación e supervisión das actividades que realizará o colaborador social, facilitándolle preparación e adestramento axeitados para a realización das tarefas asignadas.

b) Supervisión do cumprimento da colaboración, levando o libro de incidencias sobre cumprimento da xornada. Autorizar e comunicarlles ós coordinadores provinciais de cada delegación, os permisos regulamentarios que lles correspondan ós colaboradores sociais.

c) Coidar que os colaboradores sociais teñan a debida información sobre os seus dereitos e deberes, asegurándolles unha atención persoal.

Cuarto.-Calquera modificación que pretendan realiza-los centros dos programas autorizados, deberá ser autorizada pola Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos, debendo formular solicitude e xunta-la documentación que se indica no apartado décimo terceiro da orde da convocatoria.

Quinto.-A autorización dos centros educativos como entidades colaboradoras terá unha duración de dous anos, prorrogables sempre que non se acorde a disolución da colaboración por parte do centro. Neste caso, deberá comunicarllo, cunha antelación

de seis meses e indicando as causas xustificativas, á vocalía da Comisión Galega de Obxección de Conciencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria-Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos-, que resolverá o que proceda.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1996.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos

Vocal da Comisión Galega de Obxección de Conciencia

ANEXO

Relación de centros de ensinanza non universitaria que reúnen os requisitos establecidos na Orde do 3 de maio de 1996 (DOG do 28 de maio), para incorporárense á bolsa de entidades colaboradoras no programa de prestación social substitutoria do servicio militar, por provincias e segunda modalidade solicitada:

Provincia: A Coruña

Centro de ensinoConcelloModalidade

C.P. Carrero BlancoArteixoA/B
I.B. Francisco AguiarBetanzosB
C.P. Santa BaiaBoiroA
C.P. Francisco FrancoBoiroA/B
I.F.P. de BoiroBoiroB
C.P. As RevoltasCabanaA/B
C.P. Canosa RusCarballoA/B
I.F.P. CarballoCarballoA/B
I.E.S.P. de CedeiraCedeiraB
C.P. Isaac Díaz PardoCulleredoA/B
C.P. Manuel Fraga IribarneCariñoA/B
C.P. CarnotaCarnotaA/B
C.P. Vicente Otero ValcárcelCarralA/B
C.P. O CruceCercedaA/B
C.P. Emilia Pardo BazánA CoruñaA/B
C.P. María BarbeitoA CoruñaA/B
C.P. Ntra. Sra. del RosarioA CoruñaA/B
C. Compañía de MaríaA CoruñaA/B
C. Salesianos San Juan BoscoA CoruñaA/B
Ntra. Sra. de Lourdes AsprongagaA CoruñaA
Escola de Arte Pablo PicassoA CoruñaB
Escola de Imaxe e SonA CoruñaB
I.B. Monte das MoasA CoruñaB
C. Calasanz MasculinoA CoruñaB
C. Calvo SoteloA CoruñaB
I.E.S. Manuel A. TerrónCuntisB
C.P. Curtis EstaciónCurtisA/B
I.E.S. CurtisCurtisA
C.P. EscaraboteEscaraboteB
C.P. de DodroDodroA/B
C.P. A XunqueiraFeneA
I.F.P. de FeneFeneA/B
C.P. Chavorre CaléFerrolA
C.P. Eugenio López y LópezFerrolA
C.P. San Xoán de FigueiraFerrolB
C. Compañía de MaríaFerrolA/B
C. LasalleFerrolA/B
C. Sta. Xoana Lestonac-CaranzaFerrolA/B
I.B. CanideFerrolB
I.B. Concepción ArenalFerrolA/B
I.P.F.P. Marqués de SuancesFerrolB
CefocopFerrolB
C.P. Euxenio López e LópezLaxeA/B
C.P. Virxe da CelaMonferoA/B
C. Educ. Inf. AbelleiraMurosA
C. Educ. P. de MurosMurosA
C.P. Ramón de ArtazaMurosA
C.P.R.A. de NarónNarónA
I.E.S. Fernando Esquío-XubiaNedaA/B
C.P. Felipe de CastroNoiaA

Centro de ensinoConcelloModalidade

I.B. Xosé Neira VilasOleirosB
C.P. CampomaiorOrdesA/B
C.P. Emilio de NavasqüesOutesA
C.P. Rosalía de CastroPadrónA/B
I.F.P. Fraga do EumePontedeumeA/B
C.P. Camiño de SantiagoO PinoA
C.P. Alfonso R. CastelaoRianxoA/B
I.B. de RibeiraRibeiraB
I.E.S. FriónsRibeiraB
C.P. de DicesRoisB
C.P. Pedro Barrié de la MazaSadaB
I.E.S.P. Manuel Díaz PardoSadaB
C.P. Barrié de la MazaSanta CombaA
C.P. LavacollaSantiago de CompostelaA
C. Ed. P. Divino MestreSantiago de CompostelaA
C.P. Pío XIISantiago de CompostelaA/B
C.P. Raíña FabiolaSantiago de CompostelaA
C.P. Casas NovoaSantiago de CompostelaB
C.P. LavacollaSantiago de CompostelaB
C.C. JuventudSantiago de CompostelaA
C.C. Compañía de MaríaSantiago de CompostelaA/B
I.F.P. CompostelaSantiago de CompostelaA/B
I.E.S. N.7Santiago de CompostelaB
I.F.P. Lamas de AbadeSantiago de CompostelaB
I.B. Antonio Fraguas FraguasSantiago de CompostelaA/B
C.P. Virxe do PortalSobradoA/B
C.P. Igrexa-SomozasSomozas, AsA/B
C.P. de SoutoToquesA
C.P. Fonte DíazTouroA/B
C.P. de ZasZasA/B

Provincia: Lugo

Centro de ensinoConcelloModalidade

C.P. de BaamonteBegonteA/B
C.P. Vista Alegre de BurelaBurelaA/B
C.P. José L. Taboada da BarrelaCarballedoB
C.P. de CastroverdeCastroverdeA
C.P. Nº 1 de ChantadaChantadaA/B
C.P. de CorgoCorgo, OA/B
C.P. Virxe do MonteCospeitoA
C.P. LagostelleGuitirizA/B
C.P. Santo Estevo de PargaGuitirizA
C.P. de GuntínGuntínA/B
C.P. Ramón Piñeiro de LáncaraLáncaraA/B
C.P. A PonteLugoA
C.P. Illa VerdeLugoA/B
Centro Educ. Especial Nº 2LugoA
I.P.F.P. de LugoLugoB
I.B. Nosa Sra. dos Ollos GrandesLugoB
C.P. de MeiraMeiraA
C.P. Álvaro CunqueiroMondoñedoA/B
I.B. de MondoñedoMondoñedoB
C.P. da GándaraMonforteA/B
Centro Educ. Especial Infanta ElenaMonforte de LemosA
C.P. de Monterroso Nº 2MonterrosoA
I.E.S.P. de MonterrosoMonterrosoA/B
C.P. das NogaisNogais, AsA
C.P. Laverde RuizOuteiro de ReiA
C.P. de Palas de ReiPalas de ReiA
C.C. Sagrado Corazón de JesúsRibadeoA
I.B. de RibadeoRibadeoB
C.P. Dr. López SuárezSaviñao, OA
C.P. Frei Luis de GranadaSarriaA
C.P. Castelao-BelesarVilalbaA/B
C.P. Manuel Mato VizosoVilalbaA/B
C. Educ. Infantil San RoqueViveiroA
I.F.P. de ViveiroViveiroB

Provincia: Ourense

Centro de ensinoConcelloModalidade

C.P. Padre FeijooAllarizA/B
I.E.S.P. de AllarizAllarizB
C.P. Condesa de FenosaBarco de Valdeorras, OA/B
C.P. Julio Gurriarán CanalejasBarco de Valdeorras, OA/B
C.P. San MarcosCartelleB
C.P. Rosalía de CastroGomesendeA
C.P. MariñamansaOurenseA
C. Salesiano de Mª AuxiliadoraOurenseA/B

Centro de ensinoConcelloModalidade

I.F.P. de VerínOurenseB
I.P.F.P. de OurenseOurenseB
I.B. Julio Prieto NespereiraOurenseB
Escola Ofic. de IdiomasOurenseB
C.P. Ben-Cho-SeiPereiro de Aguiar, OA/B
C.P. Roberto Blanco TorresPeroxa, AB
C.P. Antonio Vázquez VázquezRairiz de VeigaB
C.P. As Ventas da BarreiraRiósA/B
I.E.S. da RúaRúa, AB
C.P. Eduardo Ávila BustilloVeiga, AB
C.R.F.P. VilamarínVilamarínB
C. Ed. P. de Vilar de SantosVilar de SantosA

Provincia: Pontevedra

Centro de ensinoConcelloModalidade

C.P. de BelesarBaionaA
C.P. de BueuBueuB
C.P. MontemogosBueuB
C.P. Alfonso VIICaldas de ReisB
C.P. A. Magariños PastorizaCambadosA/B
C.P. Santo ToméCambadosA/B
C.P. de HíoCangasA/B
C.P. San Xoán BautistaCerdedoB
C.P. de Cuqueira-CarballedoCotobadeA/B
C.P. de TenorioCotobadeA/B
C.P. do FoxoEstrada, AA
C.P. Nosa Sra. das DoresForcareiA/B
C.P. Xosé Neira VilasGondomarB
C.P. Manuel Rodríguez SindeGuarda, AA/B
I.E.S. A SangriñaGuarda, AA/B
C.P. Xaquín Loriga-PradoLalínA
I.F.P. Pintor LaxeiroLalínB
C. San NarcisoMarínA/B
I.B. Salvador MorenoMarínB
C.P. Santa LucíaMorañaA/B
C.P. Peña de FranciaMosB
C.P. SanguiñedaMosA
I.E.S. de MosMosB
C.P. de Arrabal-OiaOiaB
C.P. Fermín Bouza BreyPonteareasA/B
C.P. Mestre Ramiro SabellPonteareasA/B
C.P. Nosa Sra. dos RemediosPonteareasB
C.P. de Infesta-PontecesuresPontecesuresA/B
C.P. de Vilaverde MourentePontevedraA/B
C.P. FroebelPontevedraA/B
C.P. Vilaverde-MourentePontevedraB
I.B. Sánchez CantónPontevedraB
I.B. Valle InclánPontevedraB
C.P. Julio Becerra MalvarRibadumiaA
C.P. Nantes-CuntumilSanxenxoA/B
C.P. de XanzaValgaB
C.P. Párroco Don CamiloVigoB
C.P. O PombalVigoA/B
C.P. Seis de NadalVigoA/B
C. AtalaiaVigoA
I.F.P. de TeisVigoB
Conservatorio de MúsicaVigoB
C.P. Viñagrande-DeiroVilanova de ArousaA
I.B. de CarrilVilagarcía de ArousaA

6026