Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1996 pola que se publica a contratación da asistencia técnica para a realización de actividades complementarias e de colaboración co servicio municipal de recadación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación de servicios de colaboración coa xestión recadatoria municipal da totalidade dos ingresos municipais, tributarios ou non, susceptibles de xestionarse en período executivo, así como a xestión e recadación das multas de tráfico en períodos voluntarios e executivo.

b) Lugar de execución: Pontevedra.

c) Duración do contrato: catro anos prorrogables por períodos anuais, ata un máximo de dúas renovacións.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Modalidade básica de financiamento e de pagamento: a retribución do adxudicatario responderá ós importes que se obteñan de aplica-los porcentaxes que se sinalan no prego de recadación correspondente e premios pola boa xestión.

5. Garantías:

a) Provisional: 1.000.000 de ptas.

b) Definitiva: 11.561.002 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, Pontevedra 36071. Teléfono (986) 80 43 00. Telefax (986) 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: 52 días naturais desde a remisión do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas (data do envío: 13 de agosto de 1996. Data de vencemento: 3 de outubro de 1996).

Data do vencemento: 3 de outubro de 1996.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría D.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 3 de outubro de 1996.

b) Documentación que se presentará: cláusula 14ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: tres meses a partir do acto de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

Pola mesa de contratación o día 4 de outubro de 1996, ás 12 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os que se orixenen pola obtención da información e certificacións ante calquera entidade, organismo, rexistro, etc., para a realización dos traballos que son obxecto do contrato.

b) Os que deriven do pagamento de salarios do persoal, Seguridade Social e calquera outro esixible legal ou regulamentariamente.

c) Toda clase de impostos, dereitos, taxas e calquera tributo estatal, autonómico ou local esixible segundo as disposicións vixentes.

d) A taxa municipal correspondente pola formalización da adxudicación en documento administrativo segundo a ordenanza fiscal reguladora desta.

Pontevedra, 13 de agosto de 1996.

Juan L. Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomouro

Secretario xeral

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273