Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 229/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. Chapela-Igrexa, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio existente n.1 da actual L.M.T. ó C.T. Chapela-Igrexa rematando no apoio a colocar n.3 desde onde continúa en subterránea ó C.T. existente Chapela-Igrexa, concello de Redondela.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20/15 kV, de 227 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, e 55 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V.

Orzamento: 2.159.909 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de xullo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9605998