Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/111-2-4587 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a autorización de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Denominación: reelectrificación nas parroquias de Arcos e Sobrada.

Situación: Outeiro de Rei.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, sobre apoios de formigón ou torres metálicas, cunha lonxitude de 1.198 metros. Dous centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoios metálicos en Carreira e Torre. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 7.460 metros, para mellora do servicio eléctrico nas parroquias de Arcos e Sobrada, concello de Outeiro de Rei.

Orzamento: 24.054.432 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 8 de xullo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5999