Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.887

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 2 de xullo de 1996 sobre axudas ós estudios náutico e marítimo-pesqueiros nos centros docentes dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, para o curso académico 1996-1997.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 149, do 31 de xullo de 1996, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 7.318, no artigo 10.2º, onde di: «... no prazo dun mes, contado a partir...», debe dicir: «... no prazo de dous meses, contados a partir...».

96-4482