Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación do servicio de limpeza dos portos adscritos á Comunidade Autónoma de Galicia na zona da provincia de Lugo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais.

c) Número de expediente: Sc. Serv. 07/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio consistente en traballos de limpeza e recollida de lixo nos portos adscritos á Comunidade Autónoma de Galicia na zona da provincia de Lugo.

b) División por lotes: non.

c) Lugar de execución: portos adscritos á Comunidade Autónoma de Galicia na zona da provincia de Lugo.

d) Prazo de execución: 3 anos prorrogables ata un máximo de 6 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Cincuenta e sete millóns setecentas oitenta mil pesetas (57.780.000 ptas.) (IVE incluído), que supoñen dezanove millóns duascentas sesenta mil pesetas (19.260.000 ptas.) por cada ano de vixencia do contrato.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación, 1.155.600 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación, 2.311.200 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Área Central, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: (981) 54 45 02.

e) Telefax: (981) 54 53 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 6, categoría A.

b) Outros requisitos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposición rematará ás catorce horas do día 23 de setembro de 1996.

b) Documentación que se presentará: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares do concurso.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: Área Central, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Área Central, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 3 de outubro de 1996.

e) Hora: 13 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 2 de agosto de 1996.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

9606074