Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 22 de xullo de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública a notificación de prego de cargos no expediente sancionador C-532/96.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27-11-1992), notifícaselles a Ricardo Martínez Puente, con domicilio en Borbaldea, 5-2º Esq. Orkollen-Olza (Navarra), o prego de cargos en expediente sancionador C-532/96, instruído por infrac

ción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

O dito interesado dispón dun prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-lo expediente na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ribeira (Praza dos Mariñeiros, s/n), e presentar perante a dita delegación as alegacións que considere pertinente, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

A Coruña, 22 de xullo de 1996.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

9606002