Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador IF-84/1995 (incendios-Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo a través dos impresos normalizados, que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo; Ronda da Muralla, 197, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

ANEXO

-Expediente nº. IF-84/1995

-Denunciado: Exmoditi, S.L.

-Enderezo: Avda. República Argentina, 14; Palencia-34002

-Feito denunciado: non adopta-las debidas precaucións nos traballos realizados cunha retroexcavadora, provocando un incendio en monte raso.

-Precepto infrinxido: artigo 138 c) do Regulamento de incendios

-Cualificación da infracción: moi grave

-Sanción: 40.000 ptas. de multa

Lugo, 23 de xullo de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

6022