Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 20 de agosto de 1996 Páx. 7.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 241/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. Avda. Castelao-Cangas, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. subterránea Cangas-Bueu á altura do cruzamento Avda. Castelao e Párroco Valentín Losada, alimentando en bucle o C.T. proxectado Avda. Castelao-Cangas, e rematando no punto de orixe, concello de Cangas..

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 130 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

R.B.T., subterránea, de 238 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Orzamento: 6.231.738 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de xullo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9605962