Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 20 de agosto de 1996 Páx. 7.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 221/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de subestación transformadora a 132/15 kV de 15 mVA en Cotiño-Dornelas, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: en Cotiño-Dornelas, concello de Mos.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: dous módulos de liña a 132 kV. Un módulo de protección do transformador. Transformador trifásico de 15 mVA, relación de transformación 132/15 kV. Os módulos de alta tensión serán tipo blindado en atmosfera de SF6 e os de media tensión de illamento en aire e corte en SF6.

Orzamento: 324.000.000 de ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 28 de xuño de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5958