Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial que se cita, devolto polo servicio de correos (expediente número P-89/1996).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle as persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción a Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1993), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a José Ángel Madarro Río, funcionario desta delegación; poden

do ser recusado en calquera momento do expediente de concorrer os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para aportar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de no efectuarse alegacións no prazo anterior, estes acordos de iniciación poderán ser considerados propostas de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados, que serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

ANEXO

Expediente nº: P-89/96.

Denunciado: José Rodríguez Santos.

Último enderezo coñecido: r/ Margarita, 2. Lugo.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca sendo titular de licencia e non levala consigo, así como carecer de documento acreditativo da súa identidade.

Precepto sancionador: 33.1º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 2.000 ptas. de multa.

Lugo, 22 de xullo de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

6009