Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 16 de agosto de 1996 Páx. 7.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 8/1996, polo procedemento aberto, tramitado con carácter ordinario, para a contratación do servicio de realización de probas analíticas por laboratorios externos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación do servicio de realización de probas analíticas por laboratorios externos.

Orzamento: 11.606.117 ptas. (IVE incluído).

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público nº C.P. 8/1996, tramitado con carácter ordinario.

Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1996.

Admisión de variantes: admítense variantes sempre que se cumpra o estipulado nas prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Solvencia técnica: deberá acreditarse polos medios previstos nos apartados a), b), c), e), f) do artigo 19 da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas (BOE nº 119 do 19-5-1995).

Clasificación económica: grupo III, subgrupo I, categoría B.

Fianza provisional: non se require.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Criterios de adxudicación: control de calidade: ata 4 puntos. Prezo: ata 4 puntos. Prazo entrega e recollida: ata 2 puntos. Integración informática: ata 1 punto. Situación do laboratorio na Comunidade Autónoma: ata 1 punto.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga nº 52 (edificio de Administración, planta baixa), de Ourense, en días laborables, das 9 ás 13 horas agás sábados.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o remate do prazo de presentación das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 58 49 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 22 de xullo de 1996.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Orense

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273