1. Entidade adxudicataria.
Organismo: Academia Galega de Seguridade.
Número de expediente: 0089.
2. Obxecto do contrato.
Servicio de manutención dos alumnos da Academia Galega de Seguridade.
Lugar de execución: Santiago de Compostela.
Prazo de execución: 14 de outubro ata 20 de decembro de 1996 e desde o 7 de xaneiro ata o 25 de abril de 1997.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 3.720.000 ptas. (750 ptas./persoa e día).
5. Garantía provisional: 74.400 ptas.
6. Obtención de documentación e información.
Entidade: Academia Galega de Seguridade.
Enderezo: rúa de Madrid, 2-4.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
Teléfono: 56 34 00.
Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.
7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación:
Entidade: Academia Galega de Seguridade.
Enderezo: rúa de Madrid, 2-4.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
8. Apertura de ofertas económicas.
Entidade: Academia Galega de Seguridade.
Endrezo: rúa de Madrid, 2-4.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Hora: doce e media horas.
9. Gastos de anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1996.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade
9605713