Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 16 de agosto de 1996 Páx. 7.751

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1996, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000917/1996, interposto por Beatriz Nogueira Castro e outros.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo secretario da Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 01/0000917/1996, interposto por Beatriz Nogueira Castro, Milagros Veiras Miranda, Carmen Sánchez Corral, Pilar Aurora Vidal Bernal, Pilar Val Silva, Ana Mª Lanza Gándara, Ana Isabel Filloy Lorenzo, Amparo Vázquez Alcaraz, Presentación Hermida Barreiro, Montserrat Negro García, Mª Jesús Fociños Frade, Luz Sánchez Cajaraville, Carmen Beceiro Díaz, Fernando Rodríguez Vilariño, José Fernando Rodríguez Montoiro, Mª José Varela Barreiro e Pilar de la Torre Pantoja, contra silencio administrativo a recurso ordinario interposto contra certificación expedida polo xefe do servicio de Xestión de Persoal sobre acreditación de méritos para efectos de con

vocatoria de proceso selectivo de ingreso no corpo de administrativos da Xunta de Galicia, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para coñecemento xeral de tódalas persoas interesadas no citado expediente, as que se empraza para que poidan comparecer en autos no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1996.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

9605926