Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 14 de agosto de 1996 Páx. 7.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 25 de xuño de 1996, adoptou o acordo de aprobación definitiva da modificación puntual nº 1 das normas subsidiarias de planeamento vixentes.

Modificacións que se concreta nos seguintes extremos:

5. Descrición das modificacións introducidas.

1º. O cambio de clasificación do solo apto para ubanizar industrial.

Trátase de substitui-la clasificación como solo apto para urbanizar (ZAUI) das dúas áreas previstas na meseta central , a saber:

1. Área de Brañas de Landeira.

2. Área de Monte Ferreiros, pola de solo non urbanizable común, clasificación e cualificación que xa ten a totalidade ou a meirande parte dos solos que rodean os agora modificados.

2º. Previsión do uso de vivenda plurifamiliar nas ordenanzas existentes.

Trátase de establecer na ordenanza xeral de usos, e concretamente no de vivenda, dúas categorías:

1. Vivenda unifamiliar.

2. Vivenda plurifamiliar.

Estas dúas categorías poderán aplicarse nas ordenanzas específicas seguintes:

-Nº 1: solo urbano residencial A (ZRA).

-Nº 2: solo urbano residencial B (ZRB).

-Nº 4: zona de núcleos rurais tradicionais dinámicos (NRT).

-Nº 5: zona de núcleos rurais de recente formación.

-Nº 10: zona pendente de plan especial (Balneario do Tremo).

-Solo apto para urbanizar de carácter residencial.

3º. Uso de turismo rural.

Trátase de incluír unha terceira categoría de uso hoteleiro que se define como aquel que se desenvolve en vivendas tradicionais (condición sine qua non é a de que exista unha vivenda tradicional para que poida realizarse nesa ese uso), utilizando parte ou todo o espacio non usado pola familia que o oferta. Terá que ser preceptivo que, con carácter previo á utilización, se teña acometida a rehabilitación ou restauración pertinentes.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Brión, 3 de xullo de 1996.

José Luis García García

Alcalde

9606107