Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 14 de agosto de 1996 Páx. 7.732

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE GERNIKA-LUMO

EDICTO (399/1989).

Rubén Pérez Boyero, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Gernika-Lumo, en autos de xuízo de faltas nº 399/1989, manda notificarlle a Alfonso Iglesias López, que tivo o seu último domicilio coñecido en Bilbao e Galicia, e hoxe en paradoiro descoñecido, que nas presentes actuacións se practicou liquidación de xuros, con data 30-5-1996, a cal se atopa á súa disposición na secretaría deste xulgado, e instrúoo de que os conceptos que figuran como custas son susceptibles de impugnación no termo de tres días, así como a obriga do condenado ó pagamento, de satisfacer inmediatamente as demais e as custas non impugnadas ou aprobadas, baixo apercibimento de proceder ó seu cobro pola vía de constrinximento.

E para que lle sirva de traslado da liquidación de xuros a Alfonso Iglesias López, dado o seu igno

rado paradoiro e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Gernika-Lumo o trinta de maio de mil novecentos noventa e seis.

O xuíz

Rubricado

5897