Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 14 de agosto de 1996 Páx. 7.720

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de xuño de 1996 pola que se resolve a convocatoria de concesión de axudas para a realización de visitas de estudio para especialistas de educación, dentro do marco do programa Arión da Unión Europea.

De acordo co establecido na Orde do 12 de marzo de 1996 (Boletín Oficial del Estado do 26 de marzo), pola que se convocaban axudas para a realización de visitas de estudio para especialistas de educación, dentro do marco do programa Arión da Unión Europea, e unha vez efectuada a selección do profesorado solicitante seguindo os criterios e baremo previstos no punto cuarto desta orde, esta consellería,

RESOLVEU:

Primeiro.-Nomear candidatos titulares os participantes relacionados no anexo I da presente orde.

Segundo.-Nomear candidatos suplentes os participantes relacionados no anexo II da presente orde, co obxecto de prever posibles renuncias dos titulares.

Terceiro.-Os candidatos suplentes, en principio, non substituirán a ningún candidato en particular. Non obstante, procurarase en todo momento respecta-lo número de prazas concedidas a cada Comunidade Autónoma con competencias educativas plenas e que figuran no punto primeiro.3 da Orde do 12 de marzo.

Cuarto.-De acordo co establecido no punto sexto.2 da mencionada orde, a Subdirección Xeral de Cooperación Internacional remitirá as relacións dos titulares e suplentes, xunto cos seus cuestionarios de solicitude, por triplicado, á Axencia Nacional Sócrates, así como á Comisión Europea e á Oficina de Asistencia Técnica Sócrates e Xuventude, de Bruxelas, a que procederá á adscrición dos beneficiarios a unha visita determinada, organizando a composición dos grupos que tomarán parte nas diferentes visitas, segundo as prioridades indicadas polos interesados. Estes recibirán da dita axencia a correspondente notificación.

Quinto.-No caso de renuncia ás citadas axudas, comunicaráselle esta circunstancia á Subdirección Xeral de Ordenación Educativa (San Lázaro 107, Santiago de Compostela), e á Oficina Sócrates de Bruxelas, nos quince días seguintes á publicación da presente orde.

As renuncias que se producisen ó longo do ano académico deberanlle ser comunicadas inmediatamente á Subdirección Xeral de Cooperación Internacional, así como á Subdirección Xeral de Ordenación Educativa.

Sexto.-Contra esta disposición poderán os interesados interpoñe-los recursos previstos na lexislación vixente.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

-Titulares:

José Carlos Chas Brínquez.

Mª Asunción Fernández-Albor Baltar.

Constantino Freire Llamas.

José Víctor Ónega Carrera.

Florentina Peliquín Pérez.

Margarita Pérez Froiz.

Mercedes Rodeiro Barros.

Faustino Salgado Torres.

ANEXO II

-Suplente:

Javier Fernández González.

6136