Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 13 de agosto de 1996 Páx. 7.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1996 pola que se convocan cento catorce cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Os coñecementos e capacidades dos profesionais das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde determinan, en gran medida, a calidade dos servicios sanitarios dispensados ós usuarios.

Neste sentido, a formación continua amósase como unha das ferramentas máis axeitadas para, pola vía da capacitación dos profesionais, mellorar e adecua-los servicios sanitarios á demanda dos usuarios.

A tal fin, xa no ano 1995 foi aprobado e executado, no marco do acordo de formación continua das administracións públicas do 21 de marzo do 1995, o plan de formación continua do persoal de institucións sanitarias dependentes do Sergas.

Coa finalidade delle dar á formación a continuidade axeitada que a faga realmente efectiva, esta dirección xeral, unha vez aprobado o plan de formación continua de persoal de institucións sanitarias dependentes do Sergas para o ano 1996, previo informe favorable das Centrais Sindicais CIG,CC.OO., UXT. e CSI-CSIF, resolve facer pública a convocatoria para participar nos cursos que figuran no anexo I, que deberá resolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Acceso ás actividades.

Poderá participar nas accións formativas, todo o persoal do Servicio Galego de Saúde que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso.

Segunda.-Solicitudes.

I. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presenta-la instancia de solicitude cuberta no modelo normalizado segundo o anexo II na que constará, necesariamente, o certificado expedido polo director de xestión e servicios xerais, coa conformidade do director xerente da institución sanitaria da que dependa ou, no seu defecto, do órgano competente en materia de persoal, no que se acreditarán, como mínimo, os datos seguintes:

-Datos de indentificación do solicitante.

-Categoría e posto que vén desempeñando.

-Descrición breve do contido das funcións e a relación que teñen coa materia que se impartirá na acción formativa solicitada.

-Vínculo do solicitante (propietario, interino en vacante ou outro tipo de eventualidade).

-A antigüidade ou servicios prestados no Sistema Nacional de Saúde acreditados polo solicitante. Tal acreditación deberá xuntarse á solicitude da certificación.

II. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar en ningún outro curso dos convocados.

III. O prazo de presentación de instancias será o comprendido entre o día 16 de agosto e o 9 de setembro de 1996, ámbolos dous incluídos.

IV. As solicitudes, coa documentación acreditativa, dirixiranse ó centro de xestión onde terá lugar o desenvolvemento do curso.

V. De existiren máis solicitudes ca prazas, os criterios selectivos para participar nas accións formativas serán, por esta orde, os seguintes:

1. Ser destinatario preferente de conformidade co establecido no anexo I para cada curso.

2. Que exista unha relación directa entre as tarefas que realiza o solicitante, no desempeño do seu posto de traballo actual e o contido básico e obxectivos do curso.

3. De existir un número maior de solicitantes seleccionados ca de prazas, terán prioridade os profesionais que teñan realizado o menor número de cursos, sobre a mesma materia.

4. De continuar existindo un número maior de solicitudes ca de prazas, terán prioridade, en primeiro lugar, os profesionais que presten os seus servicios no Sergas con praza en propiedade ou como interino en vacante e en segundo lugar os profesionais con nomeamento ou contrato temporal.

5. De existir, aínda, un número maior de solicitudes ca de prazas convocadas, terán prioridade

os profesionais que acrediten unha maior antigüidade ou servicios prestados no Sistema Nacional de Saúde.

6. Por último, en caso de empate, resolverase por sorteo.

Non obstante o antedito, naqueles supostos en que, pola natureza do curso, se precise aplicar outros criterios ou incluso posuír coñecementos previos, poderan determinarse no anexo I outros criterios para determina-la prioridade dos solicitantes. Os coñecementos referenciados poderán acreditarse documentalmente ou mediante proba teórica ou práctica, se fose necesario.

Terceira.-Publicación das listas de admitidos.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e trala baremación correspondente, publicaránse nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e de tódolos centros de xestión de atención primaria as listas de aspirantes admitidos.

Cuarta.-Acreditacións.

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia superior ó 15% das horas lectivas ou ben a ausencia inferior ó 15% non xustificada ou xustificada insuficientemente será impeditiva da expedición do certificado acreditativo da participación no curso.

Quinta.-Modificacións.

A Dirección Xeral de Recursos Humanos podrá adapta-los contidos e desenvolvemento dos cursos, a fin de adaptalos ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1996.

Valeriano Martínez García

Diractor xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

ANEXO I

ACCIÓN FORMATIVA: SISTEMAS DE COMUNICACIÓN E ATENCIÓN Ó USUARIO (10 CURSOS)

1. Contidos básicos.

-Tecnicas de comunicación e atención o usuario.

-As comunicacións interpersoais.

-Fallos e melloras na comunicación.

-A atención telefónica.

2. Obxectivos.

Mellora da atención ó usuario e ó seu grupo relacional máis próximo.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21 horas.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

23/09/96 o 27/09/96C.H. Cristal Piñor. Ourense.

30/09/96 o 04/10/96C.H. A. Marcide-Novóa Santos. Ferrol.

07/10/96 o 11/10/96H. Monforte. Monforte de Lemos.

14/10/96 o 18/10/96H. Montecelo. Pontevedra.

21/10/96 o 25/10/96C.H. Sta. Mª. Madre-Cabaleiro Goas. Ourense.

04/11/96 o 08/11/96H. Do Barco. O Barco de Valdeorras.

11/11/96 o 15/11/96H. Do Meixoeiro. Vigo.

18/11/96 o 22/11/96H. Da Costa. Burela.

25/11/96 o 29/11/96C.Hospitalario U. de Santiago.

09/12/96 o 13/09/96C.H. Juan Canalejo-M. De Oza. A Coruña.

4. Destinatarios preferentes.

Persoal con atención directa (persoal ou telefonicamente) ó usuario, con preferencia do persoal de atención especializada: información, servicios de atención o paciente, cita previa, admisión-acollida, atención telefónica, etc.

ACCIÓN FORMATIVA: CURSO DE TRABALLO EN EQUIPO EN ATENCIÓN PRIMARIA (6 CURSOS)

1. Contidos básicos.

-Proceso de mellora continua (PMC).

-Calidade, productividade, custo, rendibilidade e servicio.

-Participación de persoas: involucración persoal. Realización do traballo máis seguro e máis fácil.

-Os problemas do cambio.

-O PMC é o medio, non o obxectivo: formación e participación.

-O Workshop como medio e método: bases para o desenvolvemento, proceso xeral, parámetros mellorables.

-Estilo de xestión participativo: o proceso de formación-acción.

-Modelos organizativos de traballo en equipo: o coordinador.

-Xestión da comunicación.

-Xestión da participación.

-Xestión do recoñecemento.

2. Obxectivos.

Adquirir e mellorar metodoloxía do traballo en equipo, onde o grupo recibe a formación suficiente para obter resultados concretos, ó mesmo tempo que determina aqueles plans de acción que guían as actividades diarias cara á mellora continua.

Mellorar e incrementa-la coordinación e responsabilización no logro de obxectivos. Asegura-lo proceso de mellora continua.

Dedicar os esforzos ó prioritario.

Mellora-los niveis de calidade, servicio e custo.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21 horas.

3.3. Prazas: 25.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

1 ó 3/10/96 e 8ó9/10/96C. Atención Primaria da Coruña.

21/10/96 ó 31/10/96C. Atención Primaria de Santiago.

14/10/96 ó 18/10/96C. Atención Primaria de Ferrol.

16/09/96 ó 27/09/96C. Atención Primaria de Lugo.

01/10/96 ó 03/10/96C. Atención Primaria de Ourense.

30/09/96 ó 05/10/96C. Atención Primaria de Pontevedra.

4. Destinatarios preferentes.

Responsables de unidades ou equipos de atención primaria.

Outro persoal sanitario de unidades ou equipos de atención primaria.

ACCIÓN FORMATIVA: CONXUNTO MÍNIMO BÁSICO DE DATOS DE ALTAS HOSPITALARIAS (4 CURSOS)

1. Contidos básicos.

-CMBD. Xeneralidades:

Definición do CMBD.

Xustificación, definición e limitacións.

Fases do proceso.

Situación actual.

-CMBD. Medidas de producción do hospital:

UBAs/UPAs/ axustadas por EM standar.

DRGs.

Peso.

Novas unidades de medida (UPHs).

Niveis hospitalarios.

Outras líñas de producción (consultas, urxencias, etc.).

Servicios intermedios (UCI).

Limitacións.

-CMBD. Funcionamento do hospital:

EM clásica.

EM por proceso.

Dispersión (CV).

EM axustadas (comparación).

Estudio de diferencias.

Actividade potencial ambulatoria.

-CMBD. Análise da calidade asistencial:

Actividade potencialmente ambulatoria.

Infeccións potencialmente nosocomiais.

Mortalidade/letalidade.

Reingresos potenciais.

-CMBD. Aspectos demográficos:

Casuística por idade e sexo.

Indices de atracción e dependencia.

Financiamento.

2. Obxectivos.

Desenvolver habilidades no manexo das ferramentas de xestión do hospital por case-mix.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21 horas.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

30/09/96 ó 04/10/96C.H. Xeral Calde. Lugo.

07/10/96 ó 11/10/96C.Hospitalario U. de Santiago.

14/10/96 ó 18/10/96C.H. Cristal Piñor. Ourense.

21/10/96 ó 25/10/96H. Do Meixoeiro. Vigo.

4. Destinatarios preferentes.

Persoal da área de xestión ou médica que desenvolvan as súas actividades nas áreas sanitarias, planificación, avaliación e saúde pública.

Xefes dos servicios médicos.

Persoal de servicios centrais ou periféricos que desenvolvan súas actividades nas áreas sanitarias, planificación, avaliación e saúde pública.

ACCIÓN FORMATIVA: APLICACIÓN DA TECNOLOXÍA DA TARXETA NO ÁMBITO ASISTENCIAL (2 CURSOS)

1. Contidos básicos.

-Introducción ás bases de datos relacionais.

-Introducción xeral ás redes de datos.

-O sistema de tarxeta sanitaria de Galicia.

-O futuro das tarxetas sanitarias.

-A apliación do sistema de tarxeta sanitaria a través doutras aplicacións.

-Outras utilizacións informáticas orientadas ós sistemas sanitarios.

-Os aspectos legais do tratamento da información.

2. Obxectivos.

Optimiza-la aplicación das novas tecnoloxías da información introducidas polo Servicio Galego de Saúde e perspectivas de futuro.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 9 a 13 ou ben de 17 a 21 horas.

3.3. Prazas: 25.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

25/11/96 ó 29/11/96 (quenda de mañán)C. Hospitalario U. de Santiago.

25/11/96 ó 29/11/96 (quenda de tarde)C. Hospitalario U. de Santiago.

4. Destinatarios preferentes.

Responsables do desenvolvemento do sistema de información do Sergas a nivel de atención primaria ou especializada.

ACCIÓN FORMATIVA: XESTIÓN DE PERSOAL (1 CURSO)

1. Contidos básicos.

Lexislación sanitaria: Estatutos de persoal e normativa de desenvolvemento.

Sistemas retributivos.

Sistemas de selección e provisión.

Contratacións.

Xestión de plantillas.

2. Obxectivos.

Perfeccionamento da xestión de recursos humanos.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21 horas.

3.3. Prazas: 25.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

11/11/96 ó 22/11/96C.H. Xeral Calde. Lugo.

4. Destinatarios preferentes.

Xefes de servicio ou sección de recursos humanos.

ACCIÓN FORMATIVA: CURSOS DE XESTIÓN ECONÓMICA E DE SUBMINISTRACIÓNS EN ATENCIÓN PRIMARIA (2 CURSOS)

1. Contidos básicos.

1.1. O Orzamento.

-Execución orzamentaria.

-Operacións necesarias.

-Modificacións orzamentarias.

-Liquidación do orzamentaria e rendición de contas.

-Cadros orzamentarias de persoal.

2. Os suministracións das institucións sanitarias.

-Concepto e procedemento de adquisición.

-A xestión dos almacens: funcións e obxectivos.

-O inventario xeral: concepto e concepción do inventario.

-A xestión dos servicios xerais: estructura e funcións.

-Obras e reparacións.

-O servicio técnico en institucións sanitarias.

-Os investimentos en institucións sanitarias.

2. Obxectivos.

Xenéricos: mellora das habilidades no manexo orzamentario do Sergas.

Específico: actualización e mellora das habilidades na xestión das suministracións na atención primaria.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21 horas.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

04/11/96 ó 21/11/96C. Atención Primaria De Ourense.

07/10/96 ó 19/10/96C. Atención Primaria de Vigo.

4. Destinatarios preferentes.

Persoal non sanitario con funcións no ámbito da xestión de recursos económicos e da xestión en xeral e persoal sanitario con responsabilidade na xestión de suministracións.

ACCIÓN FORMATIVA: CURSOS DE APLICACIÓNS OFIMÁTICAS PARA PERSOAL NON SANITARIO DE ATENCIÓN PRIMARIA (5 CURSOS)

1. Contidos básicos.

-Microsoft word.

-Microsoft excel.

-Harward Graphics.

-Microsoft fox base.

2. Obxectivos.

Xenéricos: forma-lo persoal non sanitario de atención primaria do Sergas, con especial dedicación no posto de traballo e interese nas novas aplicacións informáticas.

Específicos: aprendizaxe e manexo das aplicacións de:

-Microsoft Word: procesador de textos.

-Microsoft Excel: folla de cálculo.

-Harward Graphics: gráficos estadísticos, presentacións, transparencias, etc.

-Microsoft Foxbase: xestión de base de datos.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21 horas.

3.3. Prazas: 15.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

23/09/96 ó 27/09/96C. Atención Primaria de A Coruña.

01/10/96 ó 26/10/96C. Atención Primaria de Santiago.

14/10/96 ó 25/10/96C. Atención Primaria de Lugo.

21/10/96 ó 31/10/96C. Atención Primaria de Ourense.

11/11/96 ó 22/11/96C. Atención Primaria de Pontevedra.

4. Destinatarios preferentes:

Persoal non sanitario de atención primaria.

ACCIÓN FORMATIVA: NOVAS REGRAS DE CATALOGACIÓN E CONTROL DE AUTORIDADES (1 CURSO)

1. Contidos básicos.

-Regras de catalogación.

2. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos sobre as ISBD e a normalización de autoridades.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 10 a 14 e de 16 a 19 horas.

3.3. Prazas: 25.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

11/11/96 Ó 13/11/96C.Hospitalario U. de Santiago.

4. Destinatarios preferentes.

Persoal das bibliotecas, central ou periféricas, encargado da análise documental.

ACCIÓN FORMATIVA: ACCESO A BASES DE DATOS EN CIENCIAS DA SAÚDE (1 CURSO)

1. Contidos básicos.

-Acceso ás bases de datos:

Medline.

Healthplan.

IME.

Sciencie.

Citatión index.

AIDS.

2. Obxectivos.

Perfecciona-los coñecementos das bases de datos en ciencias da saúde e diseño de estratexias de búsca.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21 horas.

3.3. Prazas: 25.

3.4. Data e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

25/11/96 ó 29/11/96C. H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza. A Coruña.

4. Destinatarios preferentes.

Persoal de bibliotecas encargado do servicio de recuperación bibliográfica.

ACCIÓN FORMATIVA: CONDUCTOR DE INSTALACIÓNS (2 CURSOS)

1. Contidos básicos.

-Definición do mantemento.

-Sistemas de mantemento. O mantemento preventivo e correctivo.

-Os costes do mantemento. Influencia dos métodos.

-Control das instalacións. Aspectos técnicos.

-Emerxencias.

-Augas potables e augas de diálese.

-Electricidade.

-Fluidos térmicos.

-Gases medicinais.

2. Obxectivos.

Imparti-los coñecementos necesarios do desempeño do posto de conductor de instalacións.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 112 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21 horas.

3.3. Prazas: 25.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

01/10/96 ó 08/10/96C. H. Xeral Cíes. Vigo.

21/11/96 o 28/12/96C.H. Arquitecto Marcide- Novóa Santos. Ferrol.

4. Destinatarios preferentes.

Persoal de mantemento de instalacións sanitarias.

ACCION FORMATIVA: ACREDITACIÓN DE CENTROS E SERVICIOS SANITARIOS (1 CURSO)

1. Contidos básicos.

-Acreditación como instrumento de verificación externa de calidade asistencial. Marco conceptual da acreditación de organizacións sanitarias.

-Evolución histórica do significado e realidades dos programas de acreditación a nivel internacional. Experiencias de Estados Unidos, e a experiencia española do Programa de Auditorías Docentes.

-As ferramentas de traballo da acreditación. Definición de criterios e stándares. Metoloxía de elaboración. O manual de acreditación.

-A metodoloxía do proceso de acreditación. O equipo de auditoría: criterios e cualifiación. A visita de acreditación. Os instrumentos de traballo: a entrevista, o análise documental e a inspección.

-Estudio e análise de areas concretas do Manual de Acreditación e similación da metodoloxía específica para sua verificación mediante a auditoria externa. Exemplos e aplicacións prácticas en grupos de traballo.

-A elaboración do Informe de Auditoría. O análise dos resultados. O órgano de acreditación. A emisión do dictamen. O plan de seguimento.

-Estudio e análise do Programa de Auditorias Docentes do Ministerio de Sanidade e Consumo. Criterios de protocolo técnico. Metodoloxía seguida. Presentación de resultados do período 1987-1995.

-Situación actual e perspectivas da acreditación sanitaria no Sistema Nacional de Saúde español. Marco Legal. Desenvolvemento nas Comunidades

Autónomas. Papel do Consello Interterritorial . O contexto europeo.

2. Obxectivos.

Formar un equipo de expertos na acreditación de centros sanitarios públicos e privados.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Horario: de 9 a 14 e de 16 a 21 horas.

3.3. Prazas: 25.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

21, 22, 28 e 29/11/96C. Hospitalario U. de Santiago.

4. Destinatarios preferentes.

Funcionarios da clase de médicos inspectores, farmacéuticos inspectores e subinspectores.

ACCIÓN FORMATIVA: RÉXIMEN DISCIPLINARIO DO PERSOAL ESTATUTARIO E OFICINAS DE FARMACIA (1 CURSO)

1. Contidos básicos.

-Posición xurídica da Administración en materia disciplinaria. Ambito de aplicación do Estatuto Xurídico do Persoal Médico da Seguridade Social. Encadramento lexislativo da responsabilidade disciplinaria. Principios xerais do dereito sancionador e disciplinario.

-A información previa e a orde de incoación. Inicio de actuacións.

-Formulación do prego de cargos e enxuizamento e proposta: práctica de dilixencias, dereito de vista e obtención de copias polo expedientado.

-A proba: período de proba e medios. A carga da proba.

-A notificación: réximen xeral das notificacións. Actos de inexcusable notificación. Formas de notificación.

-Estudio do precedemento sancionador a través da xurisprudencia. Análise de sentencias e resolucións dictadas.

-As faltas tipificadas no Estatuto. Especial referencia á neglixencia e súa conexión coas outras formas de responsabilidade profesional: reponsabilidade penal e civil. A incorporación de novas figuras relacionadas co deber de información, consentimento informado, acceso á historia clínica, confidencialidade e datos informatizados.

2. Obxectivos.

Incrementa-la capacitación do persoal da inspección médica e farmaceutica na evaluación de recursos, actividades e calidade asistencial dos centros sanitarios dependentes do Sergas.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 9 a 13 e de 17 a 20 horas.

3.3. Prazas: 25.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

12/12/96 ó 14/12/96C. Hospitalario U. de Santiago.

4. Destinatarios preferentes.

Funcionarios da clase de médicos inspectores, farmacéuticos inspectores e subinspectores sanitarios.

5. Criterio preferente para determina-la prioridade dos solicitantes:

5.1. Ser destinatario preferente de conformidade co establecido no anexo I.

5.2. Que exista unha relación directa entre as tarefas que realiza o solicitante, no desempeño do seu posto de traballo actual e o contido básico e obxetivos do curso.

5.3. De existir un número maior de solicitantes seleccionados que de prazas, terán prioridade os profesionais que teñan realizado o menor número de cursos, sobre a mesma materia.

5.4. De continuar existindo un número maior de solicitudes que de prazas, terán prioridade en primeiro lugar, os profesionais que presten os seus servicios con praza en propiedade e en segundo lugar os profesionais interinos en vacante ou con nomeamento temporal.

5.5. De existir, aínda, un número maior de solicitudes que de prazas convocadas, terán prioridade os profesionais que acrediten unha maior antigüidade ou servicios prestados no Sistema Nacional de Saúde.

6. Por último, en caso de empate, resolverase por sorteo.

ACCIÓN FORMATIVA: A SAÚDE LABORAL (1 CURSO)

1. Contidos básicos.

-A saúde laboral, na actualidade, nas distintas CC.AA.

-A normativa comunitaria en materia de saúde laboral.

-Presente e futuro da saúde laboral en España a Lei de prevención de riscos laboraís.

-Lexislación e xurisprudencia en materia de incapacidade temporal e invalidez.

2. Obxectivos.

Ampliala e actualiza-los coñecementos en materia de procedemento disciplinario do persoal sanitario e oficinas de farmacia, adaptándo-los ás disposicións vixentes na dita materia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 9 a 13 e 17 a 20 horas.

3.3. Prazas: 25.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DATASCENTRO

14/11/96 al 16/11/96C. Hospitalario U. de Santiago.

4. Destinatarios preferentes.

Funcionarios da clase de médicos inspectores farmacéuticos inspectores e subinspectores sanitarios.

5. Criterio preferente para determina-la prioridade dos solicitantes:

5.1. Ser destinatario preferente" de conformidade co establecido no anexo I.

5.2. Que exista unha relación directa entre as tarefas que realiza o solicitante, no desempeño do seu posto de traballo actual e o contido básico e obxetivos do curso.

5.3. De existir un número maior de solicitantes seleccionados que de prazas, terán prioridade os profesionais que teñan realizado o menor número de cursos, sobre a mesma materia.

5.4. De continuar existindo un número maior de solicitudes que de prazas, terán prioridade en primeiro lugar, os profesionais que presten os seus servicios con praza en propiedade e en segundo lugar os profesionais interinos en vacante ou con nomeamento temporal.

5.5. De existir, aínda, un número maior de solicitudes que de prazas convocadas, terán prioridade os profesionais que acrediten unha maior antigüidade ou servicios prestados no Sistema Nacional de Saúde.

5.6. Por último, en caso de empate, resolverase por sorteo.

ACCIÓN FORMATIVA: ELECTROCARDIOGRAFÍA PRÁCTICA (2 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Autonomía e fisioloxía do corazón.

-Electrocardiograma normal.

-Parámetros habituais para interpretación ECG.

-Patoloxía cardíaca máis frecuente.

-Arritmias. Holter.

-Electrocardiografía pediátrica.

2. Obxectivos:

Amplia-los coñecementos dos asistentes nas técnicas de interpretación electrocardiográfica e o seu uso na toma de decisións diagnósticas e terapéuticas.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

07/10/96 ó 15/10/96C.H. Xeral Cíes. Vigo.

07/10/96 ó 15/10/96C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Coruña.

4. Destinatarios preferentes:

Facultativos especialistas de atención especializada e médicos internos residentes.

ACCIÓN FORMATIVA: ELECTROCARDIOGRAFÍA BÁSICA PARA PERSOAL DE ENFERMERÍA (2 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Fundamentos electrofísicos.

-Electrocardiograma normal.

-Derivacións ECG.

-Técnicas de recollida de electrocardiogramas.

-Manifestacións electrocardiográficas da cardiopatía isquémica.

-Monitarización electrocardiográfica.

-Atención á enfermería no paciente coronario.

-Arritmias.

-Parada cardiorespiratoria.

-Tratamento elect., arritmias, cirurxía das arritmias.

2. Obxectivos:

Mellora-la capacitación do persoal de enfermería na interpretación electrocardiográfica.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

07/10/96 ó 11/10/96Hospital da Costa. Burela.

07/10/96 ó 11/10/96Hospital do Barco. Barco de Valdeorras.

4. Destinatarios preferentes:

ATS/DUE.

ACCIÓN FORMATIVA: INTERPRETACIÓN RADIOLÓXICA (2 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Patróns radiográficos elementais.

-Técnicas de imaxe de uso frecuente.

-Radioloxía de tórax.

-Radioloxía dixestiva.

-Neuro-radioloxía.

-Radioloxía de urxencias.

-Ecografía de urxencias.

-RMN, TAC. e novas técnicas de imaxe.

2. Obxectivos:

Coñece-los patróns radiolóxicos máis frecuentes para a súa utilización na práctica médica, así como

as indicacións e limitacións das diferentes técnicas de radiodiagnóstico.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

21/10/96 ó 01/11/96C. H. Juan Canalejo- Marítimo de Oza. Coruña.

21/10/96 ó 01/11/96C. H. Xeral Cíes. Vigo.

4. Destinatarios preferentes:

Facultativos especialistas de atención especializada e médicos internos residentes.

ACCIÓN FORMATIVA: MOVEMENTO NORMAL. TÉCNICA DE BOBATH (1 CURSO)

1. Contidos básicos:

-Técnicas de Bobath.

-Técnicas de psicomotricidade.

2. Obxectivos:

Adquirir coñecementos sobre movementos normais corporais para diferencialos dos patolóxicos.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 25.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

30/09/96 ó 09/10/96C. H. Arqitecto Marcide-Novoa Santos. Ferrol.

4. Destinatarios preferentes:

En primeiro lugar fisioterapeutas.

En segundo lugar ATS/DUE.

ACCIÓN FORMATIVA: URXENCIAS MÉDICAS E CIRÚRXICAS (2 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Organización do servicio de urxencias.

-Urxencias de medicina interna.

-Urxencias de pediatría.

-Urxencias de cirurxía xeral.

-Urxencias de xinecología.

-Urxencias de uroloxía.

-Urxencias de traumatoloxía.

-Urxencias en cirurxía torácica.

-Urxencias en cirurxía vascular.

-Urxencias en oftalmoloxía e otorrinolaringoloxía.

-Urxencias en neuroloxía-cirúrxica.

-Urxencias en cirurxía pediátrica.

2. Obxectivos:

Mellora-la capacidade dos participantes na atención de situacións médico-cirúrxicas que se presentan nos servicios de urxencias.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

23/09/96 ó 04/10/96C. H. Xeral Cíes. Vigo.

23/09/96 ó 04/10/96C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza. A Coruña.

4. Destinatarios preferentes:

Facultativos e médicos internos residentes.

ACCIÓN FORMATIVA: ACTUACIÓN DE ENFERMERÍA ANTE SITUACIÓNS DE URXENCIA E EMERXENCIA (4 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Comunicación e atención ó paciente.

-Urxencias cirúrxicas.

-Urxencias respiratorias.

-Urxencias cardíacas.

-RCP básica e avanzada.

-Atención integral de enfermería ó politraumatizado.

-O auxiliar de enfermería no servicio de urxencias.

-O paciente crítico.

-Definición e tipos de urxencias, emerxencias e catástrofes.

2. Obxectivos:

Actualiza-los coñecementos acerca das actuacións ante as urxencias máis frecuentes e as posibles emerxencias.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

23/09/96 ó 04/10/96C.H. Xeral Calde. Lugo.

23/09/96 ó 04/10/96C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos. Ferrol.

23/09/96 ó 04/10/96C.H. Cristal Piñor. Ourense.

23/09/96 ó 04/10/96H. Montecelo. Pontevedra.

4. Destinatarios preferentes:

ATS/DUE.

Aux. enfermería.

ACCIÓN FORMATIVA: INFECCIÓNS NOSOCOMIAIS (2 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Infeccións nosocomiais.

-Mecanismos de contaxio.

-Métodos de prevención.

-Métodos de barreira.

-Illamento.

2. Obxectivos:

Extrema-los cuidados de prevención.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

30/09/96 ó 04/10/96Hospital Do Barco. O Barco de Valdeorras.

30/09/96 ó 04/10/96Hospital da Costa. Burela.

4. Destinatarios preferentes:

ATS/DUE e Aux. enfermería de atención especializada.

ACCIÓN FORMATIVA: PLANS DE COIDADOS (5 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Modelos de enfermería: marco conceptual.

-Necesidade dun modelo: Virginia Henderson.

-Análise das etapas dun plan de coidados.

-Rexistros de enfermería, estructuración dun plan de coidados.

2. Obxectivos:

Consegui-la aplicación dos plans de coidados ó traballo cotián como método de mellora da calidade asistencial.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

14/10/96 ó 25/10/96C. H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Coruña.

14/10/96 ó 25/10/96C. H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos. Ferrol.

14/10/96 ó 25/10/96C.H. Xeral Calde. Lugo.

14/10/96 ó 25/10/96C.H. Xeral Cíes. Vigo.

14/10/96 ó 25/10/96Hospital Montecelo. Pontevedra.

4. Destinatarios preferentes:

ATS/DUE e Aux. enfermería de atención especializada.

ACCIÓN FORMATIVA: COIDADOS PALIATIVOS (5 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Concepto de saúde e enfermidade.

-O paciente terminal.

-Os coidados paliativos, principais síndromes dolorosas, tratamentos da dor, unidades de dor.

2. Obxectivos:

Amplia-los coñecementos acerca dos coidados paliativos e a súa aplicación ás accións de enfermería.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

04/11/96 ó 15/11/96C. H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza. A Coruña.

04/11/96 ó 15/11/96C. H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos. Ferrol.

04/11/96 ó 15/11/96C.H. Xeral Calde. Lugo.

04/11/96 ó 15/11/96C.H. Xeral Cíes. Vigo.

04/11/96 ó 15/11/96Hospital Montecelo. Pontevedra.

4. Destinatarios preferentes:

ATS/DUE e Aux. enfermería de atención especializada.

ACCIÓN FORMATIVA: MOVEMENTO E TRASLADO DO ENFERMO (5 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Técnicas de mobilización do paciente encamado.

-Normas de manexo de pacientes con riscos especiais.

-Cambios posturais.

2. Obxectivos:

Mellora na asistencia ó enfermo con problemas de mobilidade.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

14/10/96 ó 25/10/96C. H. Juan Canalejo- Marítimo de Oza. Coruña.

14/10/96 ó 25/10/96Hospital da Costa. Burela.

14/10/96 ó 25/10/96C. H. Cristal Piñor. Ourense.

14/10/96 ó 25/10/96Hospital de Monforte. Monforte de Lemos.

14/10/96 ó 25/10/96Hospital do Barco. Barco de Valdeorras.

4. Destinatarios preferentes:

Celadores de atención especializada con trato directo ó paciente.

Celadores de servicios normais ou especiais de urxencias.

ACCIÓN FORMATIVA: REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR BÁSICA (5 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Parada cardiorespiratoria.

-Causas e signos indicadores do PCR.

-Resucitación cardiopulmonar.

-Soporte vital básico, avanzado ou prolongado.

2. Obxectivos:

Mellora-las técnicas de enfermería en PCR.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

07/10/96 ó 11/10/96C.H. Juan Canalejo- Marítimo de Oza. Coruña.

07/10/96 ó 11/10/96C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos. Ferrol.

07/10/96 ó 11/10/96Hospital da Costa. Burela.

07/10/96 ó 11/10/96Hospital de Monforte. Monforte de Lemos.

07/10/96 ó 11/10/96Hospital do Barco. O Barco de Valdeorras.

07/10/96 ó 11/10/96C.H. Xeral Cíes. Vigo.

4. Destinatarios preferentes:

ATS/DUE e Aux. enfermería de atención especializada.

ACCIÓN FORMATIVA: REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR (5 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Anatomía e fisioloxía do aparello cardiovascular e respiratorio.

-Reanimación cerebral.

-Técnicas externas.

-Utilización de fármacos en reanimación.

-Situacións límite segundo patoloxías.

2. Obxectivos:

Mellora-la capacidade de realización de técnicas de reanimación en distintas situacións e entorno hospitalario.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

21/10/96 ó 25/10/96C.H. Juan Canalejo- Marítimo de Oza. Coruña.

21/10/96 ó 25/10/96C.H. Arquitecto Marcide-Novóa Santos. Ferrol.

21/10/96 ó 25/10/96Hospital da Costa. Burela.

21/10/96 ó 25/10/96Hospital de Monforte. Monforte de Lemos.

21/10/96 ó 25/10/96C.H. Xeral Cíes. Vigo.

4. Destinatarios preferentes:

Facultativos e médicos internos residentes.

ACCIÓN FORMATIVA: ALIMENTACIÓN, NUTRICIÓN, DIETÉTICA E DIETOTERAPIA (2 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Conceptos de alimentación, nutrición e dietética.

-Dieta equilibrada e dieta paraterapeútica.

-Nutrición parenteral e enteral.

-Planificación de menús equilibrados.

2. Obxectivos:

Perfecciona-los coñecementos do persoal de enfermería sobre nutrición e alimentación en situacións normais e especiais, a súa incidencia na saúde e a forma de elaborar alimentacións equilibradas de forma individualizada.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas:30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

18/11/96 ó 29/11/96Hospital da Costa. Burela.

18/11/96 ó 29/11/96C.H. Xeral Cíes. Vigo.

4. Destinatarios preferentes:

ATS/DUE.

ACCIÓN FORMATIVA: TÉCNICAS DE XESTIÓN DE CIRURXÍA MAIOR AMBULATORIA (2 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Planificación da unidade cirúrxica ambulatoria.

-Selección do paciente.

-Organización da unidade de cirurxía ambulatoria.

-Sistemas de información.

-Análise de custos.

-Indicadores para avalia-la calidade asistencial.

-Aspectos legais da cirurxía ambulatoria.

2. Obxectivos:

Dar a coñece-los diferentes aspectos organizativos e técnicos así como acelera-lo proceso de coñecemento e implantación das unidades de cirurxía maior ambulatoria para o seu desenvolvemento na rede hospitalaria do Sergas.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: primer día: de 15 a 19, segundo día: de 9 a 19 horas.

3.3. Prazas: 35.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

15/10/96 ó 16/10/96C. H. Juan Canalejo Marítimo de Oza. A Coruña.

12/11/96 ó 13/11/96C. Hospitalario U. de Santiago.

4. Destinatarios preferentes:

Persoal facultativo de atención especializada.

ACCIÓN FORMATIVA: CURSO DE DEFINICIÓN E MÉTODO DE TRABALLO DO ENFERMEIRO EN ATENCIÓN PRIMARIA (6 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-¿Qué é a enfermería?.

-O desenvolvemento da enfermería como disciplina científica.

-Obxecto, método e taxonomía da enfermeira.

-O método na clínica e na investigación enfermeira.

-A teoría e a práctica da enfermería. Conceptos básicos da teoría do déficit de coidados.

-Teoría do autocoidado.

-Teoría do déficit do autocoidado.

-Teoría dos sistemas de enfermería.

-Servicio enfermo e producto enfermeiro.

-Método enfermeiro: O proceso de atención de enfermería.

-Valoración.

-Diagnóstico.

-Obxectivos.

-Plan de coidados.

-Aplicación da teoría e o método en situacións específicas de saúde I.

-Aplicación da teoría e o método en situacións específicas de saúde II.

2. Obxectivos:

Xenéricos: Aprendizaxe da metodoloxía do proceso e da actividade do traballo enfermeiro na atención primaria.

Específicos: Proxección na práctica cotiá profesional da aprendizaxe.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

25/11/96 ó 30/11/96C. de Atención Primaria A Coruña.

18/11/96 ó 23/11/96C. de Atención Primaria Santiago.

25/11/96 ó 04/12/96C. de Atención Primaria Ferrol.

14/10/96 ó 25/10/96C. de Atención Primaria Lugo.

07/10/96 ó 23/10/96C. de Atención Primaria Ourense.

07/10/96 ó 19/10/96C. de Atención Primaria Pontevedra.

4. Destinatarios preferentes:

ATS/DUE de atención primaria.

ACCIÓN FORMATIVA: CURSO SOBRE ACTIVIDADES PREVENTIVAS E DE PROMOCIÓN DA SAÚDE EN ATENCIÓN PRIMARIA (6 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Niveis de prevención e métodos da medicina clínica preventiva.

-Actividades preventivas na infancia e adolescencia.

-Hipertensión.

-Tabaquismo.

-Abuso do alcohol.

-Obesidade.

-Hiperlipidemias.

-Cáncer xinecolóxico (Cérvix, mama, endometrio).

-Vacinacións no adulto.

-Prevencións dos trastornos da saúde mental.

-Traballo práctico.

2. Obxectivos:

Xenéricos: fomenta-las actividades de promoción e prevención da saúde en Atención Primaria.

Actualiza-los coñecementos nestas áreas.

Específicos: integra-las actividades de promoción e prevención na consulta diaria. Conseguir que os asistentes desenvolvan algunhas actividades preventivas básicas.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

12ó14/11/96 e 19ó21/11/96C. de Atención Primaria A Coruña.

04/11/96 ó 21/11/96C. de Atención Primaria Santiago de Compostela.

09/12/96 ó 18/12/96C. de Atención Primaria Ferrol.

28/10/96 ó 09/11/96C. de Atención Primaria Lugo.

02/12/96 ó 19/12/96C. de Atención Primaria Ourense.

11/11/96 ó 23/11/96C. de Atención Primaria Vigo.

4. Destinatarios preferentes:

Facultativos y ATS/DUE de atención primaria.

ACCIÓN FORMATIVA: CURSO SOBRE ENTREVISTAS CLÍNICAS NA ATENCIÓN PRIMARIA (6 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Comunicación non verbal.

-Parte exploratoria da entrevista.

-Parte resolutiva da entrevista: información.

-Parte resolutiva da entrevista: negociación.

-Experiencias na consulta: Apertura da HCAP; exercicios de repaso. Estudio dunha situación ó paciente problemático. Autocontrol emocional do entrevistador.

2. Obxectivos:

Xenéricos: Aprendizaxe e mellora dos coñecementos e habilidades na relación co paciente.

Específicos: Coñece-los elementos da comunicación e fases da entrevista clínica. Realizar exercicios prácticos de distintos xeitos de afrontar a entrevista clínica.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 25.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

14/10/96 ó 18/10/96C. de Atención Primaria A Coruña.

16/10/96 ó 19/10/96C. de Atención Primaria Santiago de Compostela.

21/10/96 o 29/10/96C. de Atención Primaria Ferrol.

11/11/96 o 15/11/96C. de Atención Primaria Lugo.

07/10/96 o 18/10/96C. de Atención Primaria Ourense.

21/10/96 o 26/10/96C. de Atención Primaria Pontevedra.

4. Destinatarios preferentes:

Médicos de atención primaria.

ACCIÓN FORMATIVA: ATENCIÓN DOMICILIARIA: COIDADOS PALIATIVOS, TRATAMENTO DA DOR E NUTRICIÓN ENTERAL (6 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Conceptos e organización asistencial.

-A atención domiciliaria.

-A unidade de atención primaria na atención domiciliaria.

-Programación da atención domiciliaria.

-A familia como núcleo da atención domiciliaria.

-Coidados do ancián: envellecemento poboacional, programa do ancián.

-Atención ó paciente encamado.

-Úlceras por presión.

-Alimentación enteral: vía oral e sonda.

-Coidados de enfermería na alimentación enteral.

-Rehabilitación domiciliaria: fisioterapia domiciliaria.

-Manexo das patoloxías crónicas prevalentes.

-Atención ós pacientes con síndrome de inmunodeficiencia adquirida.

-Aspectos epidemiológicos do cancro.

-Atención os enfermos con enfermidades pulmonares crónicas.

-Coidados de enfermería no paciente terminal.

-Tratamento dos síntomas do paciente con cancro.

-Aspectos psicolóxicos do enfermo terminal.

-Organización asistencial dos coidados ó paciente terminal.

-Epidemioloxía da prescrición de analxésicos.

-Rehabilitación domiciliaria: fisioterapia domiciliaria.

-Manexo das patoloxías crónicas prevalentes.

-Atención ós pacientes con síndrome de inmunodeficiencia adquirida.

-Aspectos epidemiolóxicos do cancro.

-Atención ós enfermos con enfermidades pulmonares crónicas.

-Coidados de enfermería no paciente terminal.

-Tratamento dos síntomas do paciente con cancro.

-Aspectos psicolóxicos do enfermo terminal.

-Organización asistencial dos coidados ó paciente terminal.

-Epidemioloxía da prescrición de analxésicos.

-Tratamento da dor aguda.

-A dor psicosomática.

-A dor no paciente terminal.

-Novas tendencias no tratamento da dor rebelde.

2. Obxectivos:

Xenéricos: aprendizaxe e mellora dos coñecementos sobre a asistencia domiciliaria, manexo de pacientes terminais, actualización no manexo de medicamentos destinados ó alivio da dor e aprendizaxe da alimentación enteral.

Específicos: adestramento na toma de decisións ante o enfermo terminal.

Capacitación para o manexo dos aspectos psicolóxicos e farmacolóxicos do enfermo encamado.

Coñece-las pautas terapeúticas dos asistentes e os perfís da prescrición analxésica.

Compara-las pautas terapeúticas reais coas desexables, tendo en conta a opinión dos expertos e as recomendacións dos organismos internacionais.

Establece-las medidas para consegui-la mellora no caso de existiren diferencias entre o real e o desexable.

Adestramento no manexo do enfermo con alimentación enteral.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 30.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

07 y 12 al 14/11/96C. de Atención Primaria A Coruña.

15/11/96 al 05/12/96C. de Atención Primaria Santiago de Compostela.

27/11/96 al 05/12/96C. de Atención Primaria Lugo.

18/11/96 al 23/11/96C. de Atención Primaria Ourense.

25/11/96 al 21/12/96C. de Atención Primaria Pontevedra.

25/11/96 al 21/12/96C. de Atención Primaria Vigo.

4. Destinatarios preferentes:

Facultativos e ATS/DUE de atención primaria.

ACCIÓN FORMATIVA: A SAÚDE DA MULLER NA ATENCIÓN PRIMARIA (5 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Revisión da metodoloxía na aplicación de coidados.

-O proceso ensino-aprendizaxe; os grupos de usuarios os que vai dirixido o programa.

-Desenvolvemento dos programas de atención primaria na muller.

-Novas perspectivas na Atención Primaria para as matronas e enfermeiras.

2. Obxectivos:

-Analiza-la metodoloxía na aplicación do coidado.

-Describir e analiza-los programas da muller.

-Analiza-las prespectivas na atención primaria de matronas e enfermeiras.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 25.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

21/10/96 al 26/10/96C. de Atención Primaria A Coruña.

11/11/96 al 15711/96C. de Atención Primaria Ferrol.

18/11/96 al 26/11796C. de Atención Primaria Lugo.

21/10/96 al 30/10/96C. de Atención Primaria Ourense.

04/11/96 al 09/11/96C. de Atención Primaria Pontevedra.

4. Destinatarios preferentes:

Matronas e enfermeiros/as de atención primaria.

ACCIÓN FORMATIVA: APLICACIÓN BÁSICA DO T.A.C. (2 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Fundamentos básicos da tomografía axial computerizada (TAC).

-Historia e evolución.

-Descrición da imaxe axial. Artefactos da imaxe.

-TAC de cráneo.

-TAC de seos, órbitas, cadeira turca.

-TAC de pescozo e cavum.

-TAC de abdominal e pelve.

-TAC de tórax.

-TAC de columna.

-TAC de membros.

-TAC de urxencias.

2. Obxectivos:

Mellora-los coñecementos do persoal destinatario sobre:

-Criterios de actuación no manexo de pacientes no TAC.

-Prioridades e valoracións ante un paciente urxente.

-Protocolos de actuación no TAC.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 25.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

04/11/96 ó 08/11/96H. de Montecelo. Pontevedra.

11/11/96 ó 15/11/96C. H. Juan Canalejo- Marítimo de Oza. Coruña.

4. Destinatarios preferentes:

Técnicos especialistas en radiodiagnóstico.

ACCIÓN FORMATIVA: AVALIACIÓN DA FUNCIÓN HEPÁTICA NO LABORATORIO (2 CURSOS)

1. Contidos básicos:

-Recordo anatómico-fisiolóxico.

-Probas de laboratorio para a evolución do estado hepático.

-Alteracións bioquímicas das principais enfermidades hepáticas e selección das probas para seu diagnóstico.

-O papel do laboratorio no trasplante hepático.

-Novas metodoloxías aplicadas ó diagnóstico de enfermidades hepáticas.

2. Obxectivos:

-Mellora-la comprensión do persoal destinatario sobre:

A importancia do fígado como órgano que realiza múltiples funcións metabólicas.

Determinacións bioquímicas que reflicten o estado de enfermidade hepática.

Selección de probas de laboratorio adecuadas para o diagnóstico das enfermidades hepáticas.

Fundamento das diferentes probas analíticas.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Horario: de 17 a 21.

3.3. Prazas: 25.

3.4. Datas e centro no que se impartirá:

DatasCentro

04/11/96 ó 08/11/96C. H. Cristal Piñor. Ourense.

11/11/96 ó 15/11/96Hospital do Meixoeiro. Vigo.

4. Destinatarios preferentes:

Técnicos especialistas de laboratorio.

5159