Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. Atios-Casilla, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio existente onde está situado o actual C.T. Atios-Casilla que se vai retirar, ata o novo C.T. que se proxecta de Atios-Casilla, concello do Porriño.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 20/15 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.
C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V.
Orzamento: 4.322.023 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 26 de xuño de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
5665