Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 13 de agosto de 1996 Páx. 7.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/12-2-4.483 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000-Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Fonteabuín.

Situación: O Saviñao.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 1.028 m, sobre postes de formigón. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA, 20.000/380-220 V, en Carballo e Abuíme, sobre postes de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, cunha lonxitude de 10 m, para mellora do servicio eléctrico en Fonteabuín, no concello de Sarria.

Orzamento: 4.480.000 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 25 de xuño de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5776