Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/168-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: Modif. 1 de L.M.T. Subt., C.T. Casa Paco-Xubia-Coto e C.T. Empredrón.

Situación: Neda.

Descricións técnicas: modificado ó proxecto de instalación eléctrica denominado L.M.T. subterránea, C.T. Casa Paco-Xubia-Coto e C.T. Empedrón, en Neda consistente en:

Liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e baixo tubo respectivamente, con conductores LA-110 e R.H.V. 15/25 kV de 3(1x240) mm Al e con lonxitudes respectivas de 167 m e 451 m, con orixe a parte aérea no apoio ó lado do instituto, con tres vans e catro apoios, conectando alí coa L.M.T. que vai a Coto, con orixe a parte subterránea en apoio do lado da estrada a Ortigueira, pasando por C.T. Casa Paco e C.T. Empedrón, que se proxecta.

Centro de transformación en caseta prefabricada formigón de 400 kVA e tensións de 20/3,80-0,220 kV en r/ Empedrón, do que parte rede de baixa tensión de 536 m subterránea, en conductor R.V. 0,6/1 kV de 4(1x240) mm Al e R.Z. de 256 m de lonxitude. Neda.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 18 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5667