Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.656

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 16 de xullo de 1996 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 147, do 29 de xullo de 1996, é necesario efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 7.249, no punto 3.2. Lugares e datas, onde di: «Santiago de Compostela: do 14 de setembro ó 30 de novembro», debe dicir: «A Coruña: do 14 de setembro ó 30 de novembro».

-Na mesma páxina, no primeiro parágrafo, no punto 6. Gastos de locomoción, na 4ª liña, onde di: «... con excepción de Malpica, Burela e Portonovo que...», debe dicir: «... con excepción de Cedeira, Ribeira, Burela, Redondela que...».

-Na páxina 7.250, no curso de adestramento no uso de vehículo contra incendios, no parágrafo terceiro do punto 2.1. Criterios de selección, onde di: «A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes publicará as listas dos participantes no taboleiro da consellería e nos da Dirección Xeral de Montes e das delegacións provinciais.», debe dicir: «A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes publicará as listas dos participantes nos taboleiros das súas delegacións provinciais».

-Asimesmo, no punto 5. Presentación de solicitudes, onde di: «... no rexistro da EGAP...», debe dicir: «... no rexistro das delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes...».

-Na páxina 7.251, no curso de seguridade persoal e primeiros auxilios na extinción dos incendios forestais (20 cursos), no punto 5. Presentación de solicitudes, onde di: «... no rexistro xeral da Xunta de Galicia...», debe dicir: «... no rexistro das delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes...».

-Na mesma páxina, onde di: «* Curso: mantemento de maquinaria agrícola (4 cursos)», debe dicir: «* Curso: mantemento de maquinaria agrícola (1 curso)».

-No mesmo curso, no punto 3.5. Prazo de presentación de instancias, onde di: «rematará o 15 de agosto», debe dicir: «rematará o 5 de setembro».

9605986