Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o 7 de xuño de 1996, adoptou o acordo de aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual do plan parcial de Ribela.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, e no artigo 8 da Lei 7/1995, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, significando que contra o referido acto de aprobación definitiva, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia durante o prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto; neste caso deberá comunicalo, previamente, e por escrito, á Alcaldía deste concello, segundo dispón o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a súa acreditación ante o órgano xurisdiccional antes citado; advertíndolle que tamén poderá utilizar calquera outro recurso que considere pertinente e exerce-las accións que procedan ante a xurisdicción

competente.

Sarria, 15 de xullo de 1996.

Arturo Corral Guitián

Alcalde

5839