Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Para dar cumprimento ó establecido no artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, faise pública a aprobación definitiva do proxecto de revisión do plano parcial de San Pedro de Veigue (SAU-3), na sesión plenaria do 14 de xuño de 1996.

Contra o dito acordo pódese interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da inserción deste anuncio, sen prexuízo de que poidan utilizar calquera outro recurso que consideren oportuno.

Sada, 20 de xuño de 1996.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

9605979