Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

EDICTO do 29 de xullo de 1996 polo que se somete a información pública a aprobación inicial do plan especial de reforma interior na prolongación da rúa Velázquez.

A Alcaldía deste concello, en data 23 de xullo de 1996, aprobou inicialmente, mediante resolución, o plan especial de reforma interior na prolongación da r/ Velázquez, promovido por Miguel Fernández González e Ángel Pita Pita e realizado polo arquitecto Miguel Coca Martín.

Exponse ó público durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente, quedará á disposición de calquera que desexe examinalo, na Unidade de Obras e Urbanismo para formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Narón, 29 de xullo de 1996.

Xoán Gato Díaz

Alcalde

6004